"Como eu era moi inqueda, a miña nai Carme dicÃa cando eu era pequena: "Miña filla, todo o mundo cultiva miñoca na terra, e vostede cultiva miñoca no asfalto". A escritora responderÃalle moitos anos despois, cando a súa nai xa era vella. "Miña nai, se eu tivera cultivado miñoca na terra non terÃa feito o que eu fixen". A escritora Nélida Piñón finou o pasado 17 de decembro en Lisboa e deixando feita tras dela unha obra na que a presenza da Galicia orixinaria da súa familia é vizosa e abundante. Convidada pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega, Nélida Piñón falou no CCG sen apuntamentos escritos, "nunha época da miña vida adecuada para facer balances". "Hai escritores que herdan unha sociedade ou un paÃs. Eles apenas ocúpanse das personaxes, porque os espazos xeográficos xa están deseñados", explicou Nélida Piñón ese dÃa. "A miña relación coa Galicia abrangue varios aspectos: o afectivo e sentimental, e o corpo cando experimenta determinadas emocións pasa a ver o mundo asÃ. A Galicia achégame fundamentos mÃticos, e iso é importante para min porque eu son unha nostálxica da construción mÃtica". A conferencia, de media hora, pódese escoitar no web do CCG.