A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou nomear á escritora e activista mexicana Lydia Cacho como Escritora Galega Universal 2023. Lydia Cacho é unha xornalista "con raÃces galegas, activista feminista e defensora dos dereitos humanos", segundo difundiu a asociación nun comunicado. Cacho é autora de máis dunha ducia de libros de todo tipo de xéneros: poesÃa, ficción, crónicas ou ensaios, e denunciou profesionalmente como xornalista casos de feminicidio, violencia sexual e doméstica ou prostitución de menores. A mexicana súmase asà a un premio concedido nos últimos anos a figuras de todo o mundo como Mahmud Darwix, Elena Poniatowska, Juan Gelman, José Luis Sampedro, LÃdia Jorge ou Bernardo Atxaga, entre moitos outros.