O Concello de Ourense reparará a locomotora a vapor do barrio da Ponte

Un orzamento de 142.000 euros permitirá recuperar este vehículo construido en 1927

4/1/2023 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
1 lecturas | Compartido 0 veces

A locomotora na actualidade. Fonte: Concello de Ourense.

Unha contratación por procedemento negociado permitirá abordar a reparación da locomotora a vapor que se conserva no barrio da Ponte, en Ourense. O Concello anunciou este tres de xaneiro a posta en marcha deste proceso, que contará cun orzamento de 142.460 euros e cun prazo de execución previsto de catro meses.
O proxecto do Concello pretende "restaurar a locomotora, frear a súa deterioración progresiva e recuperar un aspecto o máis fiel posible á súa aparencia orixinal". Os traballos deberán tratar a corrosión xeral do vehículo, moi afectado pola intemperie, e repoñer algunhas pezas do conxunto. O Concello lembra que non se presentou ningunha empresa ao procedemento aberto de contratación para estes traballos, o que levou a optar polo procedemento negociado para os abordar.

A locomotora de vapor, fabricada en 1927 atópase exposta de forma permanente na rúa Xesús Pousa Rodríguez, fronte á estación de tren da Cidade das Burgas, desde 1976.

Universo culturagalega.gal

Contextos