Maria Canosa faise o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

A obra gañadora aborda a problemática dos nenos con Asperger

30/12/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
123 lecturas | Compartido 0 veces

María Canosa

A escritora ceense María Canosa gañou o V Premio de Literatura "Carlos Mosteiro", convocado polo concello da Pobra do Caramiñal e Editorial Galaxia. A autora presentara unha obra titulada Teño un volcán dentro, da que o xurado valorou "o orixinal tratamento, nada maniqueo, dun protagonista con Asperger, e a súa relación coa súa irmá, así como co seu entorno familiar e educativo. Das dificultades de integración e adaptación a todo ese mundo novo polo que comeza a camiñar". A obra será editada pola editorial Galaxia.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Mosteiro, Literatura, Editorial Galaxia, María Canosa...