Pechamos o noso repaso á actualidade cultural de 2022 a partir de expertos na música, nas artes e no patrimonio. Marcos Rivas, programador musical, fálanos entre outras cousas, do impacto no Xacobeo na programación musical deste ano. Os artistas Iria Vázquez e Jorge Couceiro destacaron a interdisciplinariedade e a transversalidade na creación e o xornalista e xestor cultural Manolo Rial destaca a presenza das narrativas sobre o Reino de Galicia e a recuperación do patrimonio medieval.
Por Marcos Rivas
Arrancamos o ano 2022 co último peche forzado pola Covid-19 e as salas tiñan que reformar as programacións, parte do preparado para decembro e xaneiro, encaixalo a partir de febreiro, tendo en conta que moitas xa tiñan cousas pechadas a partir deses meses.
NacÃa un ano raro, con dúbidas, os festivais comezan a presentar os cartaces e comeza unha carreira para poder sobrevivir, sobre todo as salas.
Pola parte que me toca, na sala decidÃn apostar pola mestura de bandas locais e galegas, con algunhas bandas do panorama Indie e Rock que estaban comezando a destacar no circuÃto de salas da penÃnsula e xa aparecÃan nos cartaces de festivais importantes.
Foi un ano onde o Xacobeo quixo ser o epicentro sobre todo en festivais e fixo un desembolso nunca visto na historia galega da música. O peor de todo isto é que as bandas galegas non aparecen nestes festivais e o peor é que corren perigo as programacións das salas e incluso de bandas galegas dentro destas salas.
Falemos de artistas e bandas: Dende logo que o gran fenómeno do ano foron AS TANXUGUEIRAS, pero que dicir de Ortiga, que hoxe fai cumbia e o dÃa seguinte música disco, xunto a outro xenio como é Grande Amore e pásase ao trap con Boyanka Kostova...
O que está claro, que bandas coma Familia Caamagno, Terbutalina, un pouco menos DakidarrÃa, están de volta e penso que representarán a nosa música fóra das nosas fronteiras. Novos estilos e novas bandas comezan a ser coñecidas: Mundo Prestigio, The Rapants, Kings Of The Beach, Copa Turbo, Queco Lago e poderÃamos estar un bo rato nomeando a moitas máis.
A loita de ver mulleres nos escenarios encabezada con Guadi Galego, xa e unha realidade, seguida pola Banda Da Loba, chegan rapazas que comezan a despuntar, Laura Lamontagne, Cora Velasco, Zeltia Irevire, Pauliña, Catuxa Salóm, High Paw, Dani, MarÃa Greep, AntÃa Muiño...
Tamén podemos falar da música enlatada, nas cabinas de djs comezan a ser moitas mulleres, que pinchan música galega ou outras, onde están KRIS K DJ, pasando por SEÑORA DJ, rockeiras coma Beti de la Church ou as Coolnenas.
En definitiva, penso que e hora de normalizar, e que o normal sexa ver a unhas e uns por igual e que o importante sexa a música.
Para finalizar desexamos que a nosa terra siga tendo tan boas músicxs, pero que o público busque esa sala, bar ou recuncho onde nacen eses sons que moitas veces acadarán ese éxito de chegar a un Monte do Gozo, a unha praia da provincia de Pontevedra ou estar nunha Illa chea de esculturas.
Marcos Rivas é unha figura esencial para falar da dinamización da cultura musical en Pontevedra. Coa Sala Karma e a súa impresionante programación anual como base, este empresario e promotor comprometido co tecido local, saca adiante diversas iniciativas que consegue estabilizar e poñer en valor co seu tesón e traballo. Marcos está detrás de eventos tan consolidados como o festival Surfing the Lérez, ou o xa imprescindible Galegote Rock, que acolle a bandas e artistas que usan o galego na súa música, ademais de participar na organización do ciclo Cabos Soltos e contribuÃr como mentor para novos artistas da cidade a través do Local de Música. Sen Marcos a música en Pontevedra soarÃa moi distinta.
Por Iria Vázquez e Jorge Couceiro
Este ano 2022 a cultura, por fin, volveu ser un lugar de encontro sen restricións de aforo, medidas e protocolos sanitarios. Dentro da voráxine de acontecementos e mutacións climáticas que estamos a vivir, na actualidade, a arte revélase, xa sen titubeos, como un dos ámbitos de referencia e articulación para promover, aprender e integrar outros modos de estar e ser no mundo.
A arte contemporánea establece un compromiso co presente e polo tanto co futuro, có contexto onde xorde, mais tamén, co que podemos chegar a ser a través da formación e xeración dunha sensibilidade aguda, atenta, coidadora. Ese alento re-coñecido deu orixe a moitas das propostas, programacións e novos espazos e iniciativas destinadas a produción, exhibición e investigación que xerminaron este ano.
No 2022 houbo unha prolÃfica e diseminada actividade artÃstica baixo claves interdisciplinares e, sobre todo, transversais. FÃxose gala da potencialidade do campo artÃstico para a integración de saberes. Indubidablemente, os investimentos públicos realizados ao amparo dos fondos NextGeneration EU asÃ, como a continuidade da Xacobeo, promoveron a amplitude desta oferta cultural.
Sen embargo, nesta breve reflexión en panorámica, queremos salientar, como desexo para o ano 2023, que a pesar desta nutrida programación, do afianzamento de iniciativas levadas a cabo por distintos profesionais e creadores en Galicia, e a pesar do esforzo de investimento económico xa citado, seguimos na necesidade dun plan a longo prazo para a cultura, que contemple a inclusión das artistas visuais e autoras autónomas, non só das industrias culturais, a través da implementación de diferentes liñas de apoio estruturais e periódicas destinadas a promoción, investigación e produción artÃstica e a adaptación doutras liñas de axudas e subvencións xa existentes á especificidade do traballador cultural autónomo.
É preciso operar cambios que adecúen os procedementos da administración á realidade do músculo da cultura de Galicia, as/os creadoras/es.
Iria Vázquez é presidenta de A Colectiva, Asociación profesional de artistas de Galicia. Artista multidisciplinar, investigadora e mediadora cultural. Jorge Couceiro é vicepresidente de A Colectiva, Asociación profesional de artistas de Galicia. Artista visual.
Por Manolo Rial
No final deste verán, dúas series de inspiración medieval rivalizaban nas plataformas de streaming erguendo paixóns e (como sempre) decepcións para o público seguidor do mundo de G.R.R. Martin (A casa do dragón) e do de Tolkien (O poder dos aneis). Entre Westeros e a Terra Media, o Reino de Galicia entrou furtivamente nos temas de conversa das redes sociais, con contidos que reivindicaban episodios épicos da nosa historia en competencia directa cos de HBO ou Prime.
Publicacións, pezas teatrais, e, nomeadamente, contidos web, mapas, audiovisuais, gráficos, podcasts e moitos outros materiais lanzáronse á Rede coa intención de compensar o esquecemento da mesma existencia do reino galego, a “crónica dunha desmemoria” como titularon no seu libro X.M. Andrade Cernadas e A. López Carreira. Practicamente, a totalidade destas accións foron premiadas no Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galiza da Deputación da Coruña, un proxecto que conseguiu divulgar importantes episodios históricos do paÃs, desde a conformación do reino suevo á rebelión do pobo irmandiño.
O éxito desta proposta estivo tamén en poder ver cristalizados proxectos e produtos culturais moi diferentes cos que socializar a historia e patrimonio, fóra do mundo académico que tamén estivo presente a través do Congreso sobre o Reino Medieval de Galicia, celebrado no Museo do Pobo Galego.
Sen dúbida, este ano estivo de moda o medievo. As fortificacións desfilaron polas pantallas coa serie documental Os castelos da Televisión de Galicia, con Alba Mancebo. Desta serie, causou impacto a reconstrución ideal do Castelo da Rocha de Trasancos3D, que serviu para popularizar unha fortaleza que vén de ser declarada Ben de Interese Cultural este mesmo ano, e que, a pesar da súa poderosa historia, aÃnda é un dos grandes descoñecidos do Reino.
Houbo varias fortalezas este ano que tiveron as súas intervencións arqueolóxicas, promovidas por institucións de todo tipo, por só citar algúns casos, o castelo da Pena (Xinzo de Limia), o de MesÃa ou o de Portomeiro (Val do Dubra), e promovéronse novas musealizacións no de Sobroso e no de Moeche, ou novas adquisicións públicas como a da mÃtica torre de Caldaloba.
Non só castelos, no outro clásico referente patrimonial do medievo, os mosteiros, estanse a realizar varios proxectos de rehabilitación, algún tan urxente e necesario como o proxecto de Trandeiras (esperemos que cedo teña a mesma sorte o de Monfero). No entanto, o papel protagonista neste eido levouno o convento de Santa Clara de Pontevedra. Desde a súa compra por parte do Concello, en decembro do ano pasado, o interese da cidadanÃa non fixo máis que medrar, visto o éxito das visitas guiadas nas que se esgotaban as prazas cada mes en cuestión de minutos. Desde o seu posterior feche no verán, para o gran proxecto de estudo arqueolóxico e arquitectónico promovido pola Deputación de Pontevedra, as noticias dos achados nas escavacións espertaron a curiosidade de miles de persoas que coñecÃan a vida e aventuras das súas veciñas enclaustradas durante máis de 750 anos.
Precisamente, no ano no que Galicia viviu un estraño novo Xacobeo consecutivo, que farÃa as delicias do arcebispo XelmÃrez, produciuse un revival da nosa historia medieval, moi necesario para non só dar a coñecer episodios até agora ignorados, mais tamén para achegar perspectivas actuais e dar nova luz e rigor a unha época con moitos mitos.
Manuel Rial é xornalista e xestor cultural. Técnico de Trivium estratexias en cultura e turismo.
Música: Unha carreira de supervivencia

Arte: Xerando novos relatos

Patrimonio cultural: O retorno do Reino