Como é tradicional ao chegar a fin do ano, iniciamos un repaso ao que deu de si 2022. En primeiro lugar, da man de especialistas e profesionais dos diferentes sectores culturais. A produtora Beli Martínez explica que "nestes últimos meses escoitábanse laios e queixas de onde estaba este ano o cinema galego. Penso que, como o resto da sociedade, estaba exhausto". Pilar Sampedro, pedagoga e vicepresidenta de GALIX, explica o dinamismo de presentacións este ano pero tamén os riscos da literatura galega, "ao non contar nin cos apoios que lle son imprescindibles nin co compromiso que noutras épocas teñen demostrado as autorías". Pola súa banda, Ana Abad de Larriva, actriz e subdirectora de erregueté. Revista Galega de Teatro, considera que este 2022 nas artes escénicas reflicte unha "diversidade comprometida, rica e expansiva".
Por Beli Martínez
Mentiría se digo que non son de facer balances. Aínda así, considérome máis de tirar para diante. Moi na liña de Clemente (si, o adestrador de fútbol): patadón para arriba.
Aínda que para a maioría de nós foi o ano de volta á normalidade no cinema non poderemos falar dela ata, probablemente, o próximo ano. É certo que no ano 2022 reactiváronse as rodaxes con regularidade pero, tendo en conta que a industria cinematográfica manexa uns prazos dilatados, os seus froitos penso que poderémolos ver ata o 2023. Aínda así aconteceron cousas.
Probablemente unha das máis importante deuse no último trimestre con As Bestas , un filme que aínda non vin polo que non podo polemizar. Aínda así, saco algo bo da película: fálase e discutese de cinema e de algo que a min me parece moi interesante: a representación da nosa identidade. Deste filme quero destacar o recoñecemento dun actor que ata o momento pasara desapercibido para moitas persoas: Diego Anido, un intérprete que vai más aló do cinema para ser un creador total. Pero se hai que meterse en fregados, metémonos: a maior aldraxe feita ao cinema feito en Galicia e en galego no 2022 foi ter que ver en Televisión Española Lo que arde, título e versión dobrada ao castelán do maior fito cinematográfico contemporáneo galego.
Toda clasificación ademais de arbitraria é moi do momento no que unha reflexiona sobre o que lle moveu e lle conmoveu (cousa moi difícil na miña persoa en canto a películas, non na vida en xeral). Se boto a vista atrás destacaría o traballo de Alberto Vázquez, un dos cineastas máis persoais ao tempo que pouco coñecido debido a esa idea de vincular a animación cos produtos infantís, director que este ano estreou Unicorn Wars. Lois Patiño, o creador máis prolífico da nosa xeración, presentou na Berlinale El sembrador de estrellas, filme hipnótico filmado na noite de Tokio que nos atravesa os nosos ollos dirixíndose directamente a rebentarnos a cabeza e o corazón, como diría Manolo González. Outro dos momentos máis fermosos que vivín no cinema foi vendo o live cinema de Marta Valverde 30 60' 70 120'. Nela con serenidade, con crueza e sen efectismos aparece a voz máis potente dunha nova xeración de cineastas. Xa están aquí e elas sábeno.
É ás novas xeracións ás que lles atribuímos valores como o risco, a valentía ou a furia. Sen embargo, se hai un veterano que reúne estas características é Alberte Pagán. Sempre dixen que son 'paganista' total, unha fan incondicional. No seu último traballo, Elefante, amosa o político do/no cinema. Foi unha película que me rebentou a cabeza. Un cineasta radical no xesto, na forma, libre, un non reconciliado.
Tamén nestes últimos meses escoitábanse laios e queixas de onde estaba este ano o cinema galego. Penso que, como o resto da sociedade, estaba exhausto. Creo que neste breve resumo onde apenas falo de películas houbo bastantes máis e ben boas! Mais se hai que escoitar laios e queixas non debemos de equivocarnos a quen apuntar. Os creadores son unha peza máis nun organigrama máis complexo que non medra en estruturas e apoios, tanto a nivel galego como estatal. O noso talento, pola contra, si que segue medrando e aportando un valor incuestionable a Galicia que non debemos esquecer.
A produtora e profesora Beli Martínez (A Guarda, 1980) é responsable, dende a súa empresa Filmika Galaika, de producir unha parte significativa das creacións de carácter independente e de vangarda que definen o audiovisual galego contemporáneo máis premiado deste inicio de século. Ela foi a primeira persoa en recibir o Premio Chano Piñeiro do Ourense Film Festival (OUFF) e tamén levou o Premio Crea, da Asociación Galega de Profesionais da Realización e da Dirección, á visibilidade do cinema galego no exterior. É unh das promotoras do web Novo Cinema Galego e do Proxecto Socheo, unha iniciativa para localizar, inventariar e dar a coñecer imaxes que gravadas na Guarda e no Baixo Miño.
Por Pilar Sampedro
Despois da pandemia tiramos os tapabocas e saímos a recuperar o tempo perdido. Esa é a primeira sensación: unha manchea de presentacións para as que non chegan os días da semana nin as librarías.
Un ano máis, a literatura galega foi ocupando o seu lugar, pero tamén evidenciou os riscos aos que está sometida nos últimos tempos, ao non contar nin cos apoios que lle son imprescindibles nin co compromiso que noutras épocas teñen demostrado as autorías.
O Premio Nacional de Narrativa correspondeulle a Marilar Aleixandre con As malas mulleres, unha obra que xira ao redor de Concepción Arenal, Juana de Vega e Pepa a Loba. A mesma Marilar, xunto con Enma Pedreira, saca á luz Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, antes de rematar o 2022 (ano no que se conmemoran os 150 da súa morte). Un empeño de mulleres traendo á actualidade mulleres. Neste ámbito, tamén apareceron, en diferentes xéneros, as reflexións e ficcións ao redor da maternidade e o corpo da muller, un campo que cumpría verbalizar.
Tendemos a repetir escollas, pois o Premio Nacional de Narrativa 2022 xa acadara o Blanco Amor, igual que sucedera co do ano pasado: Virtudes (y misterios) . Da mesma maneira, neste 2022, os Premios da Crítica Española en Galicia foron para E o Sol era Ela, de Medos Romero, que xa acadara o Premio de Poesía Afundación 2021, e O cervo e a sombra de Diego Ameixeiras, que conseguira o Follas Novas de Narrativa.
Tendemos a facernos presentes por épocas, como sucedeu co Nacional de Narrativa 2021 e 2022 ou co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, que conseguiu no 2020 Alba Cid, e volve a Galicia, neste 2022, con Lixeiro, de Ismael Ramos.
As Letras Galegas dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán puxéronnos a ben co exilio mexicano, coa linguaxe valdeorresa e coas obras que se editaron moito antes de pensar nas Letras, como esa biografía realizada polo historiador e sobriño, Ricardo Gurriarán: Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, publicada no 1999 en Ediciós do Castro (esa editora que retratou coma ninguén o país dos soños). Unha vez máis puidemos recuperar marabillosos poemas como "Galicia infinda" na voz da rapazada, porque as Letras teñen ese poder de realizar encontros que semellaban imposibles. Diso sabe moito o profesorado do Seminario Galán que, a estas alturas, xa ten preparada a páxina para abrir o 1 de xaneiro coas actividades ao redor de Fernández del Riego. Por primeira vez, publicouse un libro sobre o autor das Letras con pictogramas para atender a diversidade de competencias lectoras: Florencio Delgado Gurriarán. Un legado infindo, de Lucía Gómez. Galaxia tamén avanzou na publicación de libros de Lectura Fácil: en 2018 publicou 20.000 leguas baixo dos mares, de Jules Verne, e, neste 2022, Espantallo amigo e Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas. Desta maneira súmase unha editorial galega ás foráneas (Mar de Fácil, Adapta, Almadraba) que estaban publicando en galego este tipo de libros dirixidos a lectorado con dificultades lectoras.
En canto á LIXG, hai unha presenza maior da poesía, que acompaña a convocatoria do Arume (Plarapluie, A flor de letra) e vai máis alá, ao acadar o Merlín deste ano (Unha nova dimensión) e publicar un finalista do pasado (Animalario de ler a diario). A banda deseñada para primeiro lectorado e autónomo tamén está a coller pulo, e a obtención do Lazarillo con A lebre mecánica, por parte de Ledicia Costas (por terceira vez), fálanos dunha autora memorable.
Pilar Sampedro é pedagoga. Foi asesora das bibliotecas escolares da Consellería de Educación. É vicepresidenta da Asociación Galega do libro infantil e xuvenil (GALIX) así como secretaria do Ateneo de Santiago.
Por Ana Abad de Larriva
Se penso nunha palabra que recolla a actividade escénica durante 2022, vénme diversidade. A escena galega é cada vez máis rica e heteroxénea, e nesa variedade e apertura reside a súa fortaleza.
Foi un ano no que o Centro Dramático Galego apostou por novos diálogos entre creadoras, como na montaxe de Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, por parte de Marta Pazos; e novas fórmulas, como a colaboración con Ainé para producir Recortes, caneos e outras formas de driblar, nun ano no que Galicia tamén foi a comunidade autónoma convidada no Festival de Almagro.
En 2022 celebrouse o centenario do nacemento da actriz María Casares e Melania Cruz, que dialoga con ela en Continente María, obtivo o Premio da Cultura Galega en Artes Escénicas; e recordáronse tamén os vinte anos sen Roberto Vidal Bolaño. A danza e as artes do movemento están nun momento vizoso de calidade e expansión na súa relación con espazos non convencionais, o que se viu no nacemento dos festivais Escora e Abanea, ou nun Colectivo Glovo multipremiado no Festival DZM de Cáceres. A compañía de artes circenses Pistacatro estreou na MITCFC a peza Paxaros no cabo, apoiando a danza vertical para que estea máis representada. Ademais, Galicia acolleu o festival internacional de maxia Galicia Ilusiona, pioneiro no seu formato e amplitude; e foi un ano interesante tamén para a ópera, no que se estrearon Loba branca, de Brais González, e Papagena, de Iago Hermo.
A MIT de Ribadavia enfocou esta edición nas marxes; e formatos como o Metro Cadrado do FIOT, o 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO, o Certame de Pezas dun Teatro do Porvir, da AELG, ou Fóra do Mapa, en Ferrol, seguiron contribuíndo a promover as novas linguaxes. Ademais, houbo compañías presentaron os seus primeiros traballos; como Mevadeus ou NegroLópez, que se estrearon en Vigocultura.
A conciencia arredor da diversidade e as marxes nos temas e nos formatos viuse en casos como o da compañía A Panadaría, que está a arrasar con As que limpan, unha peza sobre as camareiras de piso; no de Rebordelos, que abordou un colectivo pouco atendido no teatro, como é o público adolescente, en Amantis; no de Hugo, de Os Náufragos Teatro, cuxo protagonista ten trastorno do espectro autista, que gañou o premio ao Mellor Espectáculo para a Infancia nos Premios María Casares; ou no do colectivo #ChamizoBelloVila, que foi creando e presentando en proceso Menú-do día, unha peza que visibiliza as violencias exercidas contra o colectivo LGBTIQ+. Son estes algúns exemplos só dentro dunha diversidade comprometida, rica e expansiva; que siga a espallarse en 2023!
Ana Abad de Larriva é actriz e dramaturga. É a creadora e intérprete de pezas escénicas seleccionadas en diversos certames e festivais (FIOT, FITO, Escenas do Cambio, MITCFC...) e gañadora de diferentes premios de dramaturxia (Premio Abrente, Bolsa de dramaturxia do CDG, Certame de Microteatro da Memoria, Premio Roberto Vidal Bolaño...). É tamén comunicadora, e actualmente subdirixe a erregueté | Revista Galega de Teatro e leva a sección de artes escénicas do Diario Cultural Zeta, na Radio Galega.
Audiovisual: A creación tira para diante

Literatura: Desbocados e á carreira

Artes escénicas: Un ano de diversidade