Ánxel Carramal Fernández gaña o IV Premio O Garaxe Hermético de BD

Xerais publicará O caderno de rama o vindeiro mes de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Ánxel Carramal Fernández gaña o IV Premio O Garaxe Hermético de BD

O pontevedrés Ánxel Carramal Fernández, nado en 1994, impúxose na cuarta edición do Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada. O caderno de rama, foi a obra que seleccionou o xurado como vencedora e que será publicada por Edicións Xerais no vindeiro mes de maio.

Segundo explica o fallo, "a obra trata a guerra dende o punto de vista dun neno que, ante a barbarie e a destrución, atopa na creatividade e no debuxo o seu maior aliado". O xurado destaca que "a composición de páxina, dinámica e expresiva, así como o uso da narrativa da cor e as escenas de compoñente lírica e poética" que desenvolve o autor.

O xurado estivo composto por Kiko da Silva, Fernando Llorente e Miguel Porto, en representación do Garaxe Hermético, e por Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, as dúas entidades que organizan o certame. O comité destacou a alta calidade dos traballos presentados, en particular dos dous traballos declarados finalistas, Os vagalumes de Mari e Maia e a troita perlada.

Que che parece esta nova?
123 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Garaxe Hermético, Banda deseñada, Edicións Xerais, Anaír Rodríguez...