A CRTVG abre tres novas canles na rede para o público máis novo

Achegan 46 títulos organizados por tramos de idade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A CRTVG abre tres novas canles na rede para o público máis novo

Cos títulos de Pequerrech@s, Cativ@s e Mociñ@s, a CRTVG presentaba este 21 de decembro as súas tres novas canles específicas para público infantil por Internet. As emisións acumulan un total de 46 títulos e máis de 2.600 episodios e poden seguirse mediante transmisións en streaming no web e na app da corporación.

Cada unha das canles está orientada a diferentes idades, así Pequerrech@s vai un público de ata 6 anos e conta con 16 títulos e máis de 900 episodios. Cativ@s, pola súa banda, está orientada a nenos e nenas de 6 a 9 anos con 1.000 episodios de 17 series, mentres Mociñ@s achega 19 títulos e máis de 1.200 episodios para maiores desa idade.

De xeito paralelo a este lanzamento, a canle de Youtube da entidade achega cada tarde de luns a venres ata o vindeiro seis de xaneiro e a partir das 17 horas o programa Merenda cos Bolechas. O programa de 20 minutos fai parte da programación especial da corporación e consta dun directo cargado de música, xogos e sorpresas.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Internet, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)