Convocan o mundo da cultura para participar no Foro Negro, un punto de encontro para debater o futuro do sector

Un paso alén da Burla

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A piques de facerse un ano da catástrofe do Prestige, a Plataforma Contra a Burla Negra convoca de novo o mundo da cultura no Foro Negro. O obxectivo deste encontro é discutir o futuro da propia plataforma e analizar o panorama cultural do país. Deste xeito, a Burla Negra chama a todos os interesados a inscribirse antes do 14 de novembro, para despois organizar diferentes mesas de traballo sobre temas concretos (desde dereitos de autor a asociacionismo ou mesmo perda de identidade) e recoller todo tipo de achegas ao proxecto. A partir deste traballo pecharase o discutirá no Foro Negro, convocado para os días 22 e 23 de novembro no Instituto Galego da Información en Compostela.

Máis información na Canle da Plataforma contra a Burla Negra en Vieiros

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Burla Negra, Vieiros, Prestige, Identidade...

Claves

Entidades
Conceptos