Un peche na Casa da Cultura de Laxe é a primeira acción da recén creada Plataforma contra a Burla Negra

A cultura péchase contra a Burla Negra

| Santiago.Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A xuntanza que se celebrou onte en Compostela para coordinar as iniciativas do mundo da cultura a prol dos afectados pola marea negra rematou coa constitución da Plataforma contra a Burla Negra (nome do barco do pirata galego Benito Soto). Ademais, decidiuse apoiar a mobilización convocada en Compostela para o vindeiro domingo e organizar un peche na vila de Laxe, ó que se adheriron varios dos actores que teñen participado na serie “Mareas Vivas”. Ás catro e media da tarde do vindeiro domingo haberá unha nova asemblea da plataforma para concretar unha programación máis elaborada.

Máis información na web da plataforma

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Burla Negra, Casa da Cultura, Vieiros, Medios de comunicación...