Morre o Mestre gaiteiro 'Bartolo'

O compostelán foi unha figura do ensino da música tradicional en Santiago durante décadas

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasMúsica
Compartir:

Manuel Miramontes Fandiño, era coñecido en Santiago co alcume de 'Bartolo', e como Mestre Bartolo axudou durante décadas a centos de rapaces a coñecer e amar a gaita galega e a música tradicional. Este xoves, con 88 anos faleceu e rematou con el unha traxectoria de ensino que tamén incluía a fabricación artesanal dos instrumentos.

Bartolo iniciouse como mestre a través da asociación Cantigas e Agarimos, durante máis de 25 anos tamén levou a escola de gaitas do Colexio La Salle da capital galega e no Monte dos Postes tiña o seu obradoiro de gaitas. Eses eran tres piares esenciais da súa traxectoria na que tamén abundaban outras iniciativas espalladas polo territorio tomando parte de proxectos de música tradicional noutras localidades como Ordes ou Laxe . Veciño do barrio compostelán de San Lázaro, Bartolo é hoxe chorado en moitos puntos e fogares nos que puxo co seu ensino o amor á música tradicional galega e, polo tanto sementou o seu futuro. Desde a Asociación de Gaiteirxs Galegxs manifestaron "fondo pesar" polo pasamento do Mestre Bartolo.. A AGG sinálao como "un dos portadores da música patrimonial, namorado da súa terra, e que sempre traballou pola nosa música tradicional tocando e formando a numerosos gaiteiros". O seu funeral terá lugar este sábado ás 12 da mañá no Complexo Funerario Apóstolo, de Boisaca.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O reino da gaita

O reino da gaita

Pablo Carpintero analiza o concepto de música e mais os instrumentos da sociedade tradicional

A gaita nas aulas

A gaita nas aulas

Os ensinantes de música tradicional debaten sobre como introducir este legado na educación formal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Apóstolo, Cantigas e Agarimos, Ordes...

Claves

Conceptos