Falece Inmaculada Paz Andrade, científica pioneira

A pontevedresa era unha referencia mundial no campo da microcalorimetría

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Inmaculada Paz Andrade.

Inmaculada Paz Andrade.

A Universidade de Vigo daba a coñecer este 24 de novembro o falecemento de Inmaculada Paz Andrade. A que fora catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e doutora honoris causa pola de Vigo, nacera en Lérez (Pontevedra) en 1928. Desde aquela desenvolveu unha carreira científica pioneira en diferentes áreas, chegando a ser unha referencia mundial nos ámbitos da microcalorimetría e calorimetría diferencial de barrido.

Deste xeito, ao longo da súa carreira, Paz Andrade foi a primeira muller nomeada visiting research professor da Universidade de Manchester, en 1979. Conseguiu ser a primeira profesora adxunta interina na USC, onde tamén fixo historia ao se facer catedrática de Física Aplicada. Dentro dos seus recoñecementos obtivo a medalla de ouro da Real Sociedade Española de Física.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Lérez, Pontevedra...