Emiliano Aguirre foi investido "Honoris Causa" pola Universidade de A Coruña

Honras de doutor

Emiliano Aguirre foi investido doutor "Honoris Causa" pola Universidade da Coruña. Un título que recoñece o seu labor de investigación no campo da Paleontoloxía Humana, a creación dun equipo científico que se adicou o estudio Cuaternario en España e a apertura dunha liña de investigación nos xacementos de Atapuerca.

"Honoris causa"




A cerimonia comezou cun minuto de silencio polo último atentado de ETA. De seguido, o ritual deste tipo de eventos. Mentres Emiliano Aguirre esperaba fóra, Ramón Vidal Romaní encargábase da defensa dos méritos do investigador que lle outorgaban esta distición. Logo o galardoado recolleu o birrete, o libro e as luvas, símbolos deste grao. Foi entón cando Emiliano Aguirre comezou a pronunciar o seu discurso reflexionando sobre a evolución humana, á luz das últimas novidades no campo da xenética. Ademais, Aguirre tamén tivo palabras para comentar as últimas novidades nos xacementos de Atapuerca, onde asegurou que queda moito que facer.











Méritos



Moitos son os méritos que acreditan a Emiliano Aguirre como galardoado como "Honoris Causa". Entre eles destaca o seu labor de investigación nos acementos de Atapuerca, ou ser fundador na Universidade de A Coruña do Grupo para o Estudiodoe Cuaternario en Galicia, entón formado por investigadores de Santiago. Ademais, dentro do seu perfil destaca ser creador de varios museos e rotas turísticas para divulgar xacementos escavados.







Investigación en Atapuerca


O recén investido "Honoris Causa" colaborou no descubrimento do "Homo antecessor", o que abríu novas vías de investigación sobre a aparición do Homo Sapiens. Un achádego que abriu novos interrogantes sobre a aparición de asentamentos en Europa. Ademais, Aguirre quixo deixar unha porta aberta ó animar a investigadores novos a desenvolver coas novas tecnoloxías novas buscas, porque aínda queda moito por facer.