Sophias: unha webserie para descubrir as grandes filósofas

O CCG estrea en Vigo este produto de divulgación

O CCG estrea en Vigo este produto de divulgación
Fotograma de Sophias
O Consello da Cultura Galega estreou hoxe en Vigo no Instituto Politécnico de Vigo a webserie "Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade" , sete episodios con diálogos ao redor de filósofas como Hipatia, Hildegarda de Bingen, Mary Wollstonecraft, Olympe de Gouges, Simone Weil, Simone de Beauvoir, Hannah Arendt, Judith Butler ou María Xosé Agra. Unha limpadora e unha garda de seguridade pasan as horas nun Consello da Cultura Galega deserto, fóra do horario laboral do resto dos traballadores. E para entreter os ratos mortos, as dúas reflexionan ao redor das grandes filósofas da historia e do seu legado. "Dende a Grecia clásica ata os nosos días, nestes sete capítulos abordan con humor, paixón e incluso misticismo, as aportacións de filósofas que pode que non estean nas conversas de pasillo, pero que deberían", sinala o CCG. A serie está dirixida por Cristina de la Torre, e interpretada por Marta Pérez e María Roja.

Primeiro capítulo de Sophias:



Mira o resto no especial do CCG