
Javier RodrÃguez González é licenciado en FiloloxÃa Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Ciencias Relixiosas pola Universidade Pontificia de Salamanca. Funcionario de carreira, traballa desde hai anos como profesor de Ensino Secundario no IES Mariano Quintanilla (Segovia). En galego ten gañado premios como o VII Certame Literario Concello de Ames (2010), o XXVI Certame de PoesÃa Feliciano Rolán (2012), o VI Certame Literario Terras de Chamoso (2013), o Certame a Pipa Alta Montaña Luguesa (2013), VII Certame de Poesia Manuel Leiras Pulpeiro (2019), III Premio de PoesÃa Eduardo Pondal (2021), e o V Premio de Poesia Eloy Lozano (2021). O Premio de PoesÃa Victoriano Taibo que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, ten unha dotación de 4.000 euros e supón a publicación da obra na colección Dombate da Editorial Galaxia. Gañar este premio supón tamén a obriga de impartir un obradoiro totalmente presencial de poesÃa en Gondomar entre os meses xaneiro e marzo de 2023. O acto de entrega do premio e a presentación do libro, editado por Galaxia, terá lugar no mes de marzo de 2023, nunha data aÃnda por confirmar, pero que será arredor do dÃa 13, cabodano do pasamento do poeta Victoriano Taibo.