Alberte Ansede ocupará a presidencia da Fundación Manuel María

Sucede no posto a Saleta Goy, viúva do escritor, logo do seu falecemento

10/11/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Alberte Ansede. Fonte: Fundación Manuel María.

O padroado da Fundación Manuel María de Estudos Galegos escolleu de xeito unánime a Alberte Ansede como novo presidente da entidade. Ansede, que ocupaba a secretaría da entidade desde a súa posta en marcha en 2007, sucede no cargo a Saleta Goi, viúva do escritor e promotora da fundación que faleceu no pasado mes de setembro.

Ansede, segundo explica a fundación, "mantivo desde a súa mocidade unha intensa relación con Manuel María e Saleta, relación que se converteu en íntima amizade unha vez que o matrimonio se trasladou a vivir á cidade da Coruña". Antón Laxe, ata o momento responsable da Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei será o novo secretario da entidade.

Segundo declarou o novo presidente, "a miña pretensión non é tanto suplir a Saleta -algo completamente imposíbel- senón contribuír como Presidente a fortalecer a dinámica deste colectivo, única garantía de que a obra de Manuel María siga presente na sociedade galega" e anuncia a intención de consolidar as iniciativas que xa ten en marcha a fundación.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Fundación Manuel María, Museos

Claves

Protagonistas
Conceptos