Falece o editor Alfonso García Sanmartín

Fora fundador de Rodeira-Edebé e presidente da Asociación Galega de Editoras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Alfonso García Sanmartín. Fonte: AGE

Alfonso García Sanmartín. Fonte: AGE

A Asociación Galega de Editoras daba a coñecer a través do seu web o falecemento do que foi membro de honra e antigo presidente da entidade Alfonso García Sanmartín. Nado en 1946 no concello de Palas de Rei, García Sanmartín fundou a editorial Rodeira-Edebé. Ocupou a presidencia da AGE entre 2006 e 2011, un período no que centrou a súa actuación "nas bases para unha maior profesionalización, coa creación e a potenciación da Culturgal, do Clúster do Libro, e na internacionalización da Asociación", segundo lembra a entidade.

No campo educativo, ao que sempre estivo vinculado, foi profesor e director do colexio Fogar de Santa Margarita da Coruña, e na actualidade exercía como vicepresidente da Confederación Española de Centros de Ensino (CECE).

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O libro en Clúster

O libro en Clúster

Editoras, librarías e distribuídoras alíanse para facer fronte aos desafíos do sector

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodeira, Asociación Galega de Editoras, Culturgal, AGE...