Portamérica acada dous Premios Fest

Volve do certame nacional premiado como mellor festival de mediano formato e pola zona de restauración

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Vista aérea do recinto de Portamérica en 2022

Vista aérea do recinto de Portamérica en 2022

A proposta gastronómica do festival Portamérica de Caldas - Portas volveu sair triunfadora do certame que recoñece as excelencias acadadas cada ano polos centos de festivais profesionais que se levan a cabo en España. O "showrocking" do evento galego non é novo recollendo este premio desde as primeiras edicións do galardón. Neste ano, ademais o festival, que fixo unha das súas edicións máis largas e presentando plenamente a súa nova proposta na zona da azucreira de Portas, no límite con Caldas, ve apoiada esta nova xeira coa recollida do Premio a Mellor Festival de Mediano Formato do territorio español en 2022. Os premios entregáronse onte á noite en Bilbao, nunha gala en paralelo ao congreso BIME, da música. Joaquín (Kin) Martínez, da empresa Esmerarte, responsable do evento galego subiu a recoller ambos premios. 17° Ribeira Sacra e O Son do camiño tamén eran finalistas nalgunhas categorías, só o primeiro acadaría un premio no certame, o de Mellor Activación de Marca. (Información actualizada)

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portamérica, Caldas, Esmerarte, Son do Camiño...