O Festival Desfoga chega a Cambados enfocado nas artes LGBTQAI+

Celébrase ata o vindeiro 30 de outubro con música, exposicións, artes escénicas e conferencias

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculosExposicións
Compartir:
O Festival Desfoga chega a Cambados enfocado nas artes LGBTQAI+

A Asociación Compañía de Teatro Caracol ten en marcha a terceira xeira do festival Desfoga de Cambados. A cita, que se desenvolve ata o vindeiro 30 de outubro, propón diferentes bloques de contido artístico arredor das identidades LGBTQAI+, con xornadas monográficas dedicadas ás realidades marica, lésbica e trans.

Deste xeito, na tarde deste días 27 poderá verse o cabaret Panorama, de Pere Fauna, centrado na historia da SIDA en España. Unha conferencia performativa de Andrea Quintana e Gena Baamonde abordarán a discriminación cara a corpos non normativos na tarde do día 28, mentres, na mesma xornada, Loca Yo, Nuria Vil e Artemisa farán un recital de poesía lésbica e un podcast ao vivo. A sesión rematará cun concerto de Artemisa. O 29 a Circografía travesti, de Victoria Sickness, narrará a historia dun travesti en Barcelona, para finalizar o día cun concerto de O Rabelo.

As propostas complétanse coa performance instalación-cerámica A segunda pedra de Pedro moreira. Ademais, no Pazo de Torrado poderá verse durante todo o festival a exposición O desexo flúe tanto como o mar. Esta é a primeira xeira na que o encontro ten o apoio das subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais a festivais.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambados, Artes Escénicas, Exposicións, Teatro...