Arte ou delicto, as pintadas nos muros das cidades convertéronse desde hai anos nun xeito de cultura que non se pode ignorar no noso país. Nos últimos tempos están a xurdir toda unha serie de iniciativas que, lonxe de reprimiren este tipo de expresión, recoñecen o seu valor e dótana de lugares e de momentos en que a exercer, conseguindo unha importante participación deses creadores que, ata o de agora, se expresaban de xeito clandestino. É a saída á luz do graffiti.
Na maior parte dos casos, pintar unha parede de xeito creativo sen permiso pode ser causa dunha boa multa. Son raras as excepcións daqueles espacios que, por estaren abandonados ou, en casos máis estraños aínda, por estaren habilitados expresamente para esta tarefa, permiten pintar sen présa. Polo xeral os muros amplos e grises en zonas de boa visibilidade e lugares abandonados son os espacios favoritos dos escritores como a miúdo se denominan a si mesmos. A saída das estacións, os túneles e muros de estradas, os espacios baleiros de debaixo das pontes... todo é susceptible de se encher de cor. Agora estes artistas sen subvencións e afeitos a ter que botar a correr ante a posibilidade da detención enfróntanse a unha situación nova nalgúns lugares: a posibilidade de facer a súa obra tranquilamente a plena luz do día e coa permisividade cando non o apoio do poder.
Encontro no Porriño
Hai xa catro anos un graffiteiro do Porriño, Rafa Rack Indeleble presentaba no seu concello un proxecto con escasos antecedentes en Galicia. A celebración dun festival centrado no graffiti amenizado con concertos de hip hop e algo de rock. Nacía así o Festival Zona Sur, que, con grande éxito repetiría ata chegar á súa cuarta edición, rebautizado como Intercontracultura no 2003. Este evento, constituído no centro do hip hop e do graffiti galego reúne cada setembro a arredor de oitenta escritores do país e varios foráneos. Ademais deles, bailaríns de breakdance, picadiscos e rapeiros concéntranse na vila. Os graffiteiros atopan no Porriño máis de 250 metros de muro virxe para eles nas proximidades da estación, e 1100 botes de spray á súa disposición. No primeiro ano puxéronse uns plafóns para pintar, pero coa chegada do inverno estragáronse, explica Moisés Álvarez, un dos actuais organizadores do evento. Desde o segundo ano construíuse un muro onda a vía do tren que dá a unha rúa, e desde entón píntase aí. Antes de cada edición cóbrese de pintura e queda listo de novo.
Vantaxes e desvantaxes
Segundo Moisés, a experiencia do Porriño é moi positiva. A rúa na que se pinta é na que se celebra o mercado e a feira, entón ao quedar as obras alí expostas durante un ano populariza moito o graffiti, achégase á xente, e ata lles gusta, explica Moisés. Nesta última edición, ademais, habilitouse un muro no que os graffiteiros invitados doutros lugares da península puideron amosar a súa arte cun mural realizado en equipo. Sen embargo, e segundo recoñecen desde a propia organización, esta concentración de afeccionados ás pintadas deixa tamén pegadas non desexadas. Hai bastantes pintadas ilegais. Un dos obxectivos para a vindeira edición é reforzar a vixilancia para que o encontro non supoña que a vila se encha de pintadas. De calquera xeito, o éxito do evento garante polo de agora que o Concello continúe achegando os arredor de seis mil euros que custa organizalo.
Pintar no instituto
Durante os últimos catro anos o Instituto de Ensino Secundario Francisco Aguiar de Betanzos viu como se ían cubrindo de pintadas as súas paredes. A diferencia do que sucedía en moitos centros de ensino, as zonas en que se realizaban os graffitis estaban marcadas desde a propia dirección do centro que mesmo apoiaba algúns dos proxectos dos artistas murais sufragando os gastos de pintura. No momento en que vimos que a proliferación de pintadas ilegais podía ser un problema decidimos intervir no asunto e controlar un pouco o tema, explica José Manuel Montero, director do centro. Procuramos canalizar esta creatividade, indicar aquelas zonas en que se podía pintar: os bloques de cemento que pechaban parte do instituto e mesmo un silo que temos acó, tentando sempre non lle causar dano a ningún edificio. A experiencia funcionou estupendamente, e o centro amosa hoxe orgulloso as pintadas realizadas polos seus alumnos. Agora mesmo as zonas que eran susceptibles de pintar xa están cubertas, e ultimamente non houbo moitas solicitudes para realizar novas pintadas, aclara Montero. En último caso asegura, calearíase algunha parede para facer sitio a novos proxectos.
Espacio no Ventorrillo
O pasado mes de abril iniciábase unha iniciativa pioneira na cidade da Coruña. As paredes dos túneles que unen as prazas Salvador de Madariaga e da Gardería abríanse coma un lenzo legal para realizar graffitis. Un total de douscentos cincuenta metros cadrados cos que as autoridades locais e os veciños da zona agardan resolver o problema que lles supoñen as pintadas incontroladas. Este espacio franco para realizar pintadas, é xestionado pola asociación de veciños da zona, que leva unha lista en que se apuntan por rigorosa orde as solicitudes dos interesados en pintar. Para isto, teñen que achegar un bosquexo da pintura e o teléfono de contacto. A pesar do apoio á creatividade que supón o acondicionamento deste espacio, existen limitacións. As pintadas non poderán ter contidos políticos nin atentar contra a honra.
Máis pintadas
Dun xeito semellante ao do Porriño, tamén Ponteareas vívía o pasado vintecinco de setembro un encontro que, a menor escala, reunía de novo hip hop, graffiti e breakdance nun mesmo evento. Hai agora un ano Pontevedra acollía a Festactiva, un encontro patrocinado polo concello no que aos obradoiros de djembés e de malabares engadíase un cursiño sobre como facer graffitis, impartido polo coruñés Aiser. Esta arte mural tamén estivo presente nas mobilizacións pola catástrofe do Prestige, e Ordes cubriuse de pintadas alusivas ao tema no festival Contramarea que se celebrou no pasado mes de marzo. A multiplicidade de iniciativas dá a idea de que algo está a pasar cos muros.