A Casa de Mora descuberta en Vigo conservarase soterrada

A Dirección Xeral de Patrimonio autorizou o plan municipal para este resto arqueolóxico

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A chamada Casa de Mora, construción con orixe no século XVIII que apareceu nas obras de construción do túnel da Porta do Sol en Vigo, conservarase soterrada ao carón desta infraestrutura. A Dirección Xeral de Patrimonio autorizou a proposta municipal sobre este ben patrimonial, segundo recolle o Faro de Vigo, de xeito que a casa non reciba ningún tipo de carga da obra en marcha e que quedará separada dos materiais empregados na mesma mediante unha capa de elemento xeotéxtil.

A estrutura da casa, que se descubriu o pasado mes de xuño, amosa os muros e unha xanela con reixa dunha edificación cuxo orixe se data no século XVIII aínda que non está comprobada a antigüidade exacta dos restos conservados. Algúns investigadores identifican este edificio co lugar onde se artellou a revolta local contra a invasión francesa. A súa localización, ao carón de onde se proxecta unha das ramplas de saída do túnel en construción, provocou preocupación sobre o futuro deste ben patrimonial.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, Faro de Vigo, Arqueoloxía, Muros