O XIIº Outono Códax presenta un crisol de sons internacional coherente con toda a traxectoria do festival e acadando o cartel máis variopinto das últimas edicións. Rock, rockabilly, soul,. funk, blues, música de raÃz, Nova Orleáns, Galicia, Nova York, Londres, California, España... Todo iso e máis nun ciclo que ademáis crece en riqueza e variedade do programa engadido aos concertos, consolidándose como unha oferta esencial na capital galega no derradeiro trimestre do ano, neste caso durante todo o mes de novembro.
No cartel recunca a banda Daddy Long Legs, que no ano 2017 deixaron boa pegada do seu paso polo festival e agora os de Brooklyn abrirán esta edición o dÃa 2 de novembro no Riquela Club amosando a súa nova formación. En total serán doce concertos de outros tantos artistas ou banda moi diversos e nos que, como sempre, haberá espazo para as propostas galegas. Este ano o Outono Códax contará coa actuación de Nastasia Zürcher, que xustamente ven de recoller o Premio MartÃn Códax á Artista do Ano en Galicia. Tamén está no cartel, pechando ese intenso mes de programación a banda galega Moura, presentando o seu agardado segundo traballo de estudio. A súa proposta transita a medio camiño entre a neo-psychodelia, o rock progresivo e o kraut-rock, xunto á tradición musical galega. A banda está formada por Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Luis Casanova, Pedro Aguado e Belém Tajes.
Reforzando as pontes con Nova Orleáns
No resto da ampla oferta musical destaca pola súa singularidade a prevista actuación de Big Chief Monk Bodreaux, gran xefe do Mardi Gras de Nova Orleans, unha rexión de gran tradición musical coa que o Outono Codax está a tecer fortes lazos desde anteriores edicións. Joseph "Monk" Boudreaux é o xefe indio vivo de Mardi Gras de maior idade, o Ancián dos Anciáns nunha tradición que se remonta ao século XIX. Como tal, vese a si mesmo como o gardián dunha disciplina espiritual que involucra costumes e crenzas gnósticas compartidas por membros da comunidade negra de Nova Orleans ao longo de varias xeracións. É un dos heroes da cultura local máis coñecidos e queridos, gañador do Premio ao Patrimonio Nacional do National Endowment for the Arts e foi finalista este ano ao premio Grammy na categorÃa de RaÃces Rexionais. O artista pisará Galicia por vez primeira actuando o sábado 12 de novembro na Sala Capitol. Nunha xornada compartida con outros dous artistas: os gaditanos La Perra Blanco e John 'Papa' Gros, tamén de Nova Orleans. A nivel musical estarán presentes outras variedades da música negra, como o soul contando coa importante presenza de Carlton Jumel Smith, artista que interpretou ao propio a James Brown no cine, na pelÃcula 'Liberty Heights'.
O programa de actividades paralelas, aquelas que non son propiamente concertos, foi aumentando tÃmidamente durante as pasadas edicións ata converterse, como demostra a actual, nunha oferta equilibrada en peso e contido co resto do cartel. Todas as actividades, iso si, manteñen unha liña de comunicación co contido musical do Outono Codax, conformando un complemento de importancia que debuxan un evento de cada vez máis alcance e presenza na vida cultural da capital galega. Dúas presentación de libros musicais, a cargo de xornalistas especializados de tanta importancia como Xavier Valiño ('Los 100 mejores documentales del rock') e Fernando Navarro ('Todo lo que importa sucede en las canciones') Terán lugar nesta XIIª edición do festival, ademáis en colaboración coa sala NUMAX prográmase unha xornada de cine con catro pelÃculas con especiais implicacións ou temáticas musicais, o 5 de novembro. Ademais tamén haberá unha noite para as artes escénicas cos monólogos a cargo de Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez. Engádese a esta oferta unha parte de degustacións, con catas de viños e ceas musicais maridadas con música e varias sesión de Dj. Mentres os concertos e algunas destas actividades terán lugar na Sala Capitol e no Riquela Club, será a sala NUMAX onde se fagan as proxeccións e unha das presentación, mentres que no restaurante Flamingo Terán lugar as ceas maridadas con actuacións.