Denuncian irregularidades no movemento de artistas contra o Prestige Marea Branca

Mareas vivas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cinco dos nove membros da xunta directiva da Asociación Marea Branca, que agrupa artistas de todo o país na loita contra a marea negra, denunciaron onte en Vilagarcía a existencia de irregularidades no colectivo. Concretamente, apuntaron que existen movementos non autorizados na conta de Marea Branca e que algunhas das obras cedidas solidariamente por artistas de toda a península están a empregarse de xeito ilícito. Os denunciantes reclaman que os fondos recadados se entreguen ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, como estaba previsto, e que se devolvan aos seus autores as pezas que non fosen vendidas.

Máis información no Diario de Arousa; en La Voz de Galicia e na edición de hoxe do Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arousa, Prestige, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra...