Unha proxección de The Thing, de John Carpenter, con ocasión dos 40 anos da súa estrea, abre este 23 de setembro as actividades do sexto Galician Freaky Film Fest (GFFF) en Vigo. Na mesma sesión poderá verse o The Hunchback of Notre Dame con música ao vivo da man da Caspervek Orquestra.
Ata o vindeiro un de outubro o festival achegará sesenta obras ás sedes de festival no Auditorio Municipal e na Praza ElÃptica da cidade. Un total de 46 curtametraxes, unha premier internacional, unha europea, seis estreas a nivel estatal de 19 estreas en Galicia compoñen o programa deste evento, que se complementa con exposicións, charlas e outras actividades.
Braindead, filme de culto do afamado director Peter Jackson será o filme homenaxeado na nova edición do evento. A organización conta coa presenza da actriz Diana Peñalver, presente na pelÃcula, para o coloquio que se desenvolverá co público asistente despois da proxección. Tamén se poderá ver a curtametraxe Bad taste, do mesmo cineasta.
Para o dÃa 24 está prevista a celebración do Pequefreak, sesión dedicada ao público máis cativo, con proxeccións de curtametraxes de fantasÃa, un obradoiro de efectos especiais e unha experiencia de realidade virtual. Dentro desta sección proxectarase o filme Tron, pioneiro dos efectos dixitais, que tamén fai catro décadas. Como nos últimos anos, o festival poderá seguirse a domicilio mediante a plataforma FestHome.