O Festival Internacional de Curtas de Verín - Vía XIV presentou a súa sétima VII edición, que se celebrará do martes 30 de agosto ao domingo 4 de setembro. O Festival, que terá como festival convidado ao Galician Freaky Film Festival, porá de novo o foco nun dos seus piares fundamentais: o Entroido. Nesta ocasión, farao a través de narrativas menos convencionais. Dunha banda, proxectarase unha sesión de curtametraxes cuxo fío condutor será o Entroido dende unha visión de orixe e posta en común das diferentes tradicións ao redor do mundo. A sesión finalizará cunha curta filmada a comezos do século pasado en Laza. Doutra banda, representarase a performance "Carrilano KaoS" de Álvaro Rúa con Gaita en Dó con técnicas estendidas, na que colaborarán o Fulión de Mormentelos e Kotodama Teatro.
Carlos Montero, director do festival, explicou que o FIC Vía XIV vén evolucionando cara a un modelo de festival mais participativo, cun maior número de actividades para todos os públicos e cunha selección oficial de curtas a concurso máis reducida e concentrada en catro días. "Serán 18 curtas, encadradas en tres categorías -Horizontes, A Raia e Nova- dunha altísima calidade, procedentes dunha ducia de países", sinalou o director do festival. Entre as actividades paralelas do festival destaca a proxección de "Mauthausen, regreso ao campo da morte", dirixido e guionizado hai máis de tres décadas polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente, e que aborda a historia de dous galegos que conseguiron saír con vida de Mauthausen: Enrique Doval,e Xaquín Balboa. Ademais, ao longo de toda a semana, o Espazo Roombo, habilitado en colaboración entre a Asociación Cultural Vía XIV e a empresa local patrocinadora Roombo, acollerá no exterior do Auditorio de Verín actividades relacionadas coa música, a gastronomía ou os encontros profesionais. A gala de clausura terá lugar o domingo 4 de setembro no Auditorio de Verín e estará conducida pola xornalista local Esther Estévez, presentadora do programa da Televisión de Galicia "Dígocho eu" e recentemente distinguida como Mellor Comunicadora na Gala dos Premios Mestre Mateo.