
Neste novo disco Rábade ofrece catorce composicións orixinais, algunha delas xa interpretada en concertos recentes como o que deu este pasado mes de xuño no club Blue Note de Nova York , un espazo de referencia do jazz mundial que dá tamén unha clara idea da proxección de Rábade na escena do jazz internacional. Alà Abe interpretou, entre outros, o tema 'Vestida de Bop', o primeiro sinxelo coñecido deste 'Botánica', difundido co vÃdeo da súa execución neste club neoiorquino. Tras ese chegou o vÃdeo do seguinte sinxelo, 'A folla do castiñeiro'. Neste tema xa se pode ver outra das novidades deste álbum, o encontro da escrita musical e o piano de Rábade coa voz e a percusión tradicional galega presentes grazas á colaboración de Davide Salvado. No concerto de presentación de 'Botánica' estarán ambos ademais de outros dos colaboradores do disco que participarán do directo, como Daniel Juárez ao saxo tenor, Virxilio da Silva á guitarra, Ton Risco ao vibráfono, Jimena Andión ao cello, Pablo MartÃn Caminero ao contrabaixo e NaÃma Acuña á baterÃa. O espectáculo tamén contará coa participación do bailador Miguel Pardo.