Once versións de temas do máis variado, desde a tradición galega ata composicións barrocas e temas de jazz. A Carolina, No niño novo do vento ou Four in one son algúns dos temas que Abe Rábade se atreve a reinterpretar en VerSons, o seu novo disco. Desta volta, o pianista acompáñase de Pablo MartÃn Caminero, ao contrabaixo e de Bruno Pedroso na baterÃa. O disco, coeditado por Nuba e Karonte Records, presentarase o vindeiro 13 de novembro no CÃrculo de Belas Artes de Madrid e no Teatro Principal de Compostela o 22 de decembro.