Abe Rábade Trío volve con Once

O conxunto está a desenvolver a xira de presentación do novo traballo

10/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Como unha coprodución entre Karonte e o selo Nuba chega o décimosexto traballo de Abe Rábade Trío. A formación que completan Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería exploran en Once reinterpretacións de clásicos galegos, como a que fan de A bruxa de Milladoiro, ou internacionais, como Smoke gets in your Eyes. Canda a eles, temas orixinais como a homenaxe a Paco de Lucía en Once para Paco. De novo, jazz instrumental, melódico e elegante confirman o bo facer dunha formación que é referente neste estilo en Galicia. O grupo está neste mes de novembro inmerso na xira de presentación do novo traballo, que os levará a escenarios do Festival de Jazz de Arnedo, Sevilla, Madrid ou O Porto.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abe Rábade, Jazz, Clásicos, Sevilla...

Claves

Protagonistas
Conceptos