Miguelanxo Prado ve recoñecida a súa carreira nos Premios da Crítica do Cómic

Os galardóns entregáronse o sábado 10 nas Xornadas de Cómic de Avilés

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

A vixésima segunda edición dos Premios da Crítica do Cómic, que convoca a revista especializada Dolmen. Os galardóns, que escolle en votación pública o sector estatal relacionado coa información sobre BDs, recoñeceron o galego Miguelanxo Prado co galardón a toda unha carreira. Os premios entregáronse o pasado sábado 10 no marco das Xornadas de Cómic de Avilés. Prado era o único candidato galego nas nove categorías dos premios, e competía con nomes destacados do panorama estatal como son Antonio Altarriba, Carlos Pacheco, Keko e Laura Pérez Vernetti.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Miguelanxo Prado, Pacheco, Lingua galega...