Un total de quince propostas que se desenvolven en 40 concellos rurais recibirán fondos do programa Territorio Cultura, que resolveu a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Esta liña de axudas convocouse no pasado mes de maio coa intención de "ampliar e diversificar o tecido cultural en concellos de ata 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 habitantes por km2". Cun orzamento total de 628.644 euros, o programa fai parte dos fondos Next Generation do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia.
No apartado da convocatoria orientado a propostas de persoas fÃsicas e xurÃdicas, recibiu apoio a programación expandida do Festival dos Eidos, organizada pola Fundación UxÃo Novoneyra en Folgoso do Courel, con recitais poéticos, exposicións, rutas culturais, obradoiros, estreas audiovisuais e unha residencia literaria. Canda a ela, conseguiron fondos as accións formativas e eventos de Audacia Cultural en AbadÃn e Mondoñedo para favorecer a innovación profesional, a creatividade e o emprendemento no sector; a rede 5x5 de aulas de teatro en Allariz, Boqueixón, LalÃn, Mazaricos e Silleda; o programa de residencias, formación e ciclos culturais no espazo de creación A Casa Vella, en Amiadoso (Allariz), ou o proxecto de produción en arte contemporánea Vilaseco na aldea, en San Cristovo de Mouricios (Chantada).
Tamén a rede Rede Aldear para xerar sinerxÃas entre axentes socioculturais do interior galego obtivo apoio para o seu proxecto cooperativo Aldearmos, no que participan 15 entidades das provincias de Lugo e Ourense, ao igual que a proposta A ollada de Gustav, coa que a compañÃa escénica aAntena, quere pór en valor o acervo cultural local a partir do traballo do antropólogo danés Gustav Henningsen en Galicia nunha vintena de localidades. Os seis concertos e as actividades paralelas do Ourizofest en Castroverde, Friol, GuntÃn, Palas de Rei, Samos e PortomarÃn completan a listaxe.
Na liña destinada a entidades locais, resultaron beneficiarios os concellos da Estrada, co seu proxecto de descentralización cultural, o de Vimianzo co programa Costa da vida, que busca a implicación da veciñanza na dinamización sociocultural; Vedra coa súa iniciativa de consolidar o espazo da Estación como espazo cultural e Chantada para as actividades do Verán cultural. PortomarÃn a unir danza e literatura no programa Portomariñeando: tecer libros e bailar, o Centro de Cultura Tradicional de Frades os circuÃtos de artesanÃa e música de Monforte de Lemos son as outras propostas seleccionadas.
Todas as iniciativas seleccionadas reciben contÃas que oscilan entre os 10.431,40 euros da proposta de Chanda e os 27.179,01 que levaron a Fundación UxÃo Novoneyra, Ouvirmos con Audacia Cultural, a Casa Vella de Amiadoso e o proxecto 5x5. A maiores destas, o comité de selección de proxectos acordou destinar remanentes do orzamento por valor de 32.341,48 ao proxecto Xosé Gil: a orixe do cinema galego de VÃa Láctea, como primeira proposta da lista de agarda. A concesión queda condicionada á aceptación da firma afectada, xa que a contÃa non acada a axuda solicitada.
Outros vinte e sete proxectos, dos setenta e sete recibidos, quedaron sen subvención por esgotamento de crédito desta convocatoria malia a cumprir todos os requisitos da mesma. A Agadic anunciou xa que haberá unha segunda quenda de axudas con igual investimento.