Foi en pleno setembro de 1981, en plena Transición galega, cando saiu o primeiro número de Irimia. "Bueno, a ver se isto é pra nós", dicían os personaxes desta portada, reflectindo un certo ton escéptico con respecto aos avances da democracia e a incorporación do galego á cultura. No ano 2022, con máis de mil números publicados, a revista Irimia. Semanario de crentes galegos continúa viva e sustentada na asociación do mesmo nome, que reúne a cregos e seglares cristiáns que defenden a lingua galega e o galeguismo. Onte, o Consello da Cultura Galega presentou, cos membros da asociación, a dixitalización da revista, accesible desde o web da institución. Deita unha valiosa ollada sobre a cultura e o cristianismo de base na transición do franquismo á autonomía.
Nos primeiros números de Irimia aparecen moitos labregos, moitas apelacións á lingua e desde logo chamadas ao voto. O Estatuto de Autonomía está a piques de botarse e, nunha linguaxe sinxela, os redactores da revista tentan explicar aos seus lectores por que é importante votar, e por que é importante o Estatuto e as institucións de goberno que van crear. Para a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, "Irimia documenta a existencia dun movemento de gran transcendencia nunha sociedade galega aberta ao cambio á modernización, tamén de pensamento, ao tempo que recupera a liberdade de desfruta do exercicio de dereitos democráticos que lle foran roubados".
A revista era editada por unha asociación nacida tres anos antes, en 1978, tentando comprometer a Igrexa galega, de aquela un axente de gran influencia no medio rural, coa identidade e a fala do país. Inicialmente semanal, foi evoluíndo ata a periodicidade actualo mensual. A través das páxinas do semanario pódense ver as sinaturas de figuras fundamentais dese movemento como Xosé Chao Rego ou Andrés Torres Queiruga entre outros moitos.
A publicación pode ser consultada no web do CCG, desde 1981 ata o número 1039 que se publicou aínda neste xuño de 2022.