O festival Vilablues chega a un novo porto

Ferrol acollerá esta semana o evento que naceu en Vilagarcía e tivo dúas edicións en Noia

3/8/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaEspectáculos
22 lecturas | Compartido 0 veces

O Vilablues é unha cita clásica da axenda estival galega coa mellor música blues e soul. O festival, iniciado fai anos en Vilagarcía onde tivo praza durante varias edicións, celebrouse os pasados dous anos en Noia cun considerable éxito e ambiciosos carteis artísticos. Agora o evento recala nun novo porto das nosas costas coma se dun barco se tratase e pasa das Rías baixas ás altas, concretamente a ese bulideiro actual que é Ferrol. Enmarcado nos concertos do xacobeo 2021-2022 o Vilablues terá lugar esta semana na contorna do peirao local buscando a súa consolidación e amarre fixo na vila ferrolá. Os promotores, Gumersindo Meijón e Maximino López, presentaron esta edición na que o cartel mantén algúns nomes ilustres da escena internacional que pasaron e deixaron selo noutras edicións do festival.
O Vilablues dá comezo este xoves na terraza do restaurante Maruxaina, onde actuarán artistas locais como Susana Adalid e Cabe García, nesa xornada inaugural. O venres haberá concertos tamén nese lugar e darán comezo as actuacións no escenario principal no peirao de Curuxeiras con The Blues Moonshiners, Santi Campillo e Roy Ellis & The Sound Doctor. Ao día seguinte estarán alí Claudio Gabis, Los Galagher e Michelle David & The True Tones. As entradas están á venda no web de Ataquilla ou no café Sevilla.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
4 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades
Conceptos