O recente anuncio do cartel artÃstico do Festival Noroeste Estrella Galicia e das festas de MarÃa Pita, dous eventos promovidos polo Concello da Coruña, ven de levantar as crÃticas da asociación Músicas Ao Vivo (MAV), que representa a centos de músicos do paÃs e ten sección na cidade herculina. A través dun comunicado esta asociación expresa a súa "total decepción" cos carteis de ambas citas coruñesas, sinalando que, segundo a súa valoración, nesta oferta vese "a desaparición da música que se fai na cidade e que ten sido convertida este ano en simple anécdota". O colectivo representativo do sector consideran que as festas de MarÃa Pita en xeral, e o festival Noroeste en particular, "deberÃan ser un escaparate que amosase toda a variedade musical que temos na cidade, co engadido dunha boa selección da música feita en Galicia", feito que segundo eles non están a cumprir estes dous eventos promovidos desde o Concello da Coruña.
No seu comunicado, MAV lembra os tempos "complicados" polos que está a pasar o sector cultural en xeral e o musical en concreto e fan un chamamento a que calquera evento ou festival que reciba financiamento público contribúa á apoiar firmemente a escena musical local. A asociación pon tamén no seu punto de mira outros eventos recentes, ademais dos mencionados, sen concretar nomes. "Consideramos que calquera festival que reciba cartos públicos deberÃa redundar alta e moi favorablemente no tecido cultural local, non como sucedeu nos derradeiros macrofestivais levados a cabo en terras galegas, senón totalmente ó contrario", afirman na súa mensaxe. MAV lembra que que na procura dunha escena musical "saudable" o apoio ás bases debera ser unha prioridade para "garantir un futuro".