Netflix incorpora a película 'Live is Life' de Dani de la Torre

O filme foi rodado na Ribeira Sacra e está ambientado en 1985

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma da longametraxe

Fotograma da longametraxe

Estreada en cines o pasado mes de xuño, a máis recente película do realizador monfortino Dani de la Torre, 'Live is Life. La gran aventura', ven de incorporarse ao catálogo da plataforma Netflix. A historia ambientada na Ribeira Sacra no ano 1985, basease nun guión de Albert Espinosa e tanto no apartado técnico coma no reparto hai numerosa presenza galega, ademais dos propios escenarios naturais da película rodada en Monforte e Pantón. 'Live is Life. La gran aventura' (Atresmedia Cine, 4 Cats Pictures e Live is Life AIE),é unha longametraxe sobre un grupo de amigos entrando na adolescencia, cos problemas do mundo real aparecendo nas súas vidas. Nela o protagonista, Rodri, viaxa como cada verán desde Cataluña á aldea galega de orixe dos seus pais, onde ten ao seu grupo de amigos do verán. Alí un deles está a pasar por un cancro e entre todos buscarán o xeito máxico de resolver ese problema meténdose nunha aventura de busca dun remedio. A película foi rodad en castelán e non dispón polo de agora de opcións de audio ou subtítulos en galego.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Life, Dani de la Torre, Torre, Ribeira Sacra...

Claves

Protagonistas
Entidades