Os exhaustivos e severos protocolos de seguridade sanitaria cos que se está a desenvolver a produción audiovisual veñen de prestar un servizo importante á comunidade, axudando a descubrir e controlar un gromo de COVID-19 no concello de Pantón (Lugo) . Tal e como relata o xornal El Progreso os feitos aconteceron durante a rodaxe que o cineasta Dani de la Torre está a facer nesa zona e na súa localidade de orixe, Monforte, da súa nova longametraxe Live is Life. Durante a fase de selección de figurantes para algunhas das escenas fixéronse probas sanitarias PCR semanais que a produción fai a todos os que Ãan participar da gravación e aà descubrÃronse dous positivos en COVID-19 en dous menores. A comunicación destes resultados fixo posible para o sistema sanitario público localizar outros cinco contaxiados na zona, todos menores de 20 anos cuxo orixe común parece ser unha festa privada de aniversario o 26 de agosto. Os procedementos levados a cabo desde a produtora impediron que ninguén do equipo de rodaxe estivese en contacto con estes contaxiados polo cal as gravacións seguiron adiante. Dani de la Torre está a rodar en localizacións das provincias de Lugo e Ourense a súa nova pelÃcula Live is life (Atresmedia Cine, 4 Cats Pictures e Live is Life AIE), baseada nun guión do escritor Albert Espinosa. A súa estrea está prevista para 2021.
Premio Ourense do OUFF
Ademais de por estar contribución á saúde pública e por manter a súa rodaxe fóra de contratempos o realizador monfortino está tamén de noraboa xa que a vindeira 25ª edición do Ourense Film Festival ven de anunciar que lle outorga o honorÃfico Premio Ourense do festival. O 25º OUFF quer asà facer un recoñecemento a súa labor profesional no mundo do cine con este galardón que se concede a un profesional que teña destacado no seu traballo no audiovisual, non necesariamente pola traxectoria de toda unha vida, senón por algún aspecto concreto que o faga único. O OUFF considera ao director monfortino merecedor do galardón "pola polivalencia e transversalidade da súa traxectoria profesional, ao ter creado curtametraxes, tv movies, longametraxes e serie de ficción, ata estar considerado un dos novos valores xa consolidados no actual panorama audiovisual español. Engádese igualmente que o premio, polo seu nome e pola significancia, recae nesta edición nun autor emocionalmente vencellado a Ourense por terse formado en Imaxe e Son na Escola de Cine de Bemposta e tamén por terse formado como espectador nas salas da cidade durante o seu tempo de estudante".
Carreira ascendente
Dani de la Torre naceu en Monforte de Lemos e estudou Imaxe e Son en Ourense. No seus comezos filmou diversas curtametraxes, como Lobos (2004) polo que recibiu o Premio do Público no OUFF . En 2015 dirixiu a súa primeira longametraxe, El desconocido con LuÃs Tosar, rodada na Coruña. O filme levou doce galardóns nos Premios Mestre Mateo 2015 e gañou dous Premios Goya (mellor montaxe e mellor son). Logo dirixiu o filme La sombra de la ley, protagonizada de novo por Luis Tosar. A pelÃcula gañou tres Premios Goya (mellor fotografÃa, dirección artÃstica e deseño de vestiario) e dez Premios Mestre Mateo, incluÃdo o de mellor pelÃcula e mellor director para de la Torre. Para televisión rodou La unidad, serie que se estreou este ano en Movistar+.