Este é o verán das voltas á actividade no sector dos festivais e ese Ãa ser tamén o caso do Sereas & Piratas da Praia de Razo (Carballo) , que volverÃa tras seis anos de parón, pero ao final esta expectativa quedou anulada. Problemas de produción e loxÃstica levaron aos organizadores a comunicar a cancelación do evento que se Ãa celebrar os dÃas 29 e 30 de xullo na Praia coruñesa cun cartel artÃstico xa confirmado de máis de 20 propostas da escena alternativa e independente galega e nacional. O festival sereas & piratas celebrouse de xeito ininterrompido en Razo durante dez anos, entre o 2006 o 2016, tras o que parou a súa actividade ata este ano cando anunciaron a súa volta o pasado mes de xuño. No seu comunicado de cancelación a organización indica a imposibilidade na que se ve de ofrecer o festival que desexaban, ante o que prefiren dar "un pasiño atrás para coller impulso" e poñen o seu obxectivo no verán de 2023. A devolución do importe das entradas xa está activada.