O complicado calendario de eventos musicais de verán ven de axitarse con algúns recentes anuncios. O peor deles foi a cancelación xa definitiva da celebración en xullo do festival Portamérica en Caldas de Reis. A empresa organizadora, Esmerarte, comunicou publicamente a imposibilidade de levar a cabo tampouco este ano o evento dentro das limitación previstas para a súa celebración na carballeira de Caldas. "Queremos ofrecer o maior grao de satisfacción, e nestes tempos seguen sen darse as condicións para garantilo", afirman no seu comunicado que comezan cun lacónico "éche o que hai". Deste xeito Portamérica, que anunciara a intención de manter o cartel artÃstico do pasado 2020 para este ano, cancela xa esa opción e mira xa para o 2022, pero deixa unha posibilidade de esperanza de presentar unha programación adaptada ás circunstancias con música, gastronomÃa e natureza, pasado o verán “se a evolución da pandemia é favorable. En principio Esmerarte só asegura o reencontro co seu público para o seguinte ano e por iso manterá a vixencia de entradas e abonos comprados para a seguinte edición malia que xa se pode solicitar a devolución.
No lado dos anuncios en positivo, o alcalde de Vigo, Abel Caballero xa confirmou que o Auditorio Mar de Vigo volverá acoller na súa terraza, coma no pasado verán, o ciclo de concertos Terraceo.O pasado ano celebrouse entre os meses de xullo e setembro, chegando a acoller un total de 14.000 espectadores. Este ano amplÃa varios meses a oferta comezando desde primeiros de maio estes concertos, maiormente de música pop e en acústico, na parte de arriba dese auditorio, en formato de público sentado e coas medidas de seguridade e control que xa o pasado verán fixeron desta oferta un exemplo de cultura segura. Iván Ferreiro é un dos artistas xa confirmados. Tamén cerca de Vigo, no Parque Forestal de San Miguel de Oia, anunciou a súa intención de volver celebrarse este ano o festival The Wild. As datas anunciadas para a súa terceira edición son o 4 e 5 de setembro. Esta cita, que xa se celebrou tamén o pasado ano con todas medidas de seguridade necesarias, ofrece un enfoque medioambiental a través do seu programa cultural no que reúne música, cinema e actividades lúdicas e deportivas.