Identifican unha lauda do século XII en Dodro

Podería corresponder ao acto fundacional da igrexa

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A inscrición localizada. Foto: Colectivo A Rula

A inscrición localizada. Foto: Colectivo A Rula

O Colectivo A Rula fixo pública a lectura dunha inscrición localizada nun perpiaño interior da igrexa de Santa María de Dodro (A Coruña), onde fora identificada recentemente. O perpiaño ten feitura pentagonal e nel figura unha inscrición correspondente ao 26 de xullo de 1102, e asociada a un Cresconio fillo de Leovixildo. Segundo o colectivo, "cremos de interese a hipótese na que se relaciona a inscrición co posible acto fundacional do templo, sen decartar que poida ter relació coa conmemoración dunha reforma posterior". O colectivo tamén informou da existencia dunha lauda funeraria reaproveitada na escaleira de acceso ao campanario, de máis difícil interpretación.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colectivo A Rula, A Coruña

Claves

Entidades
Lugares