Xeosónica explora a identidade sonora do Atlántico

O proxecto transmedia dixital está dispoñible na rede e incluirá unha acción presencial

O proxecto transmedia dixital está dispoñible na rede e incluirá unha acción presencial
A identidade sonora do Atlántico é a base sobre a que xira o proxecto dixital Xeosónica, de Undodez, que ven de presentarse no Museo do Mar e xa está dispoñible na rede. A través desta iniciativa, o único proxecto galego seleccionado polo Ministerio de Cultura e Deporte dentro do seu programa de subvencións ao sector do videoxogo e a creación dixital, catro artistas sonoros experimentan cos ruídos asociados ao mar ao seu xeito de vida e traballos. Juanma LoDo, Carlos Suárez e Marco Maril e Acacia Ojea achegan pezas concibidas para este artefacto dixital concibido como un crebacabezas que tamén inclúe outros materiais. É o caso da curta experimental MMRRSSMM… (As músicas dos Ruídos dos Sons do Mar), do director Andrés Mahía.

Dez xeolocalizacións das nosas costas, con sons ou vídeos asignados a cada unha vannos achegando diferentes sons, palabras ou músicas. Outra das pezas deste crebacabezas, 'Deslocalizando Xeosónica', estará do 24 ao 26 de xullo na Praza do Auditorio da Illa de Arousa. Trátase dunha instalación artística instalada no interior dun contedor marítimo que ofrece unha experiencia inmersiva a través de sons descontextualizados. Esta acción pretende levar a creación sonora fóra dos museos, a lugares que adoitan ser alleos a estas experiencias artísticas. Así mesmo, busca motivar unha reflexión na cidadanía sobre a presenza constante de ruído nas nosas vidas e contornas, presentada en forma de creación dixital de vangarda.

Ligazóns