O Consello da Xunta deu a coñecer este xoves 16 de xuño as personalidades e entidades galardoadas coas Medallas Castelao, galardón co que recoñece "a traxectoria profesional e persoal dos condecorados, o seu traballo, os seus logros e que leven o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras" en campos como o "artÃstico, literario e intelectual", segundo salienta o Goberno Galego.
Un dos recoñecementos recaeu na coral El Eco, histórica formación musical coruñesa que acaba de cumprir 140 anos. Considerada a formación musical deste tipo en activo máis antiga do Estado, a coral foi fundada por Pascual Veiga. Canda a esta entidade, tamén foi galardoado o xornalista Javier Sánchez de Dios en recoñecemento á súa dilatada carreira en diferentes medios.
O cociñeiro Javier Olleros, do restaurante A Culler de Pau, único que conta con dúas estrelas MichelÃn no paÃs, foi outro dos galardoados, canda a Camilo Nogueira, antigo eurodeputado e "un dos pais do Estatuto de Galicia", segundo apunta a Xunta. O equipo feminino de Pescados Rubén Burela FS completa o palmarés de recoñecementos nesta xeira.