Jano Viñuela gañou o primeiro premio da categorÃa A (entre 23 e 30 anos) do Certame Galego de Imaxe ArtÃstica na modalidade BD, coa historia “Layka”. Deste xeito o coruñés, que xa foi premiado en 2000 e 2001, faise cos 1.200€ do galardón máis prestixioso do cómic galego, e recibe tamén o “Premio Ourense ao mellor autor novel”. “Laika” é un relato breve de forma naïf que conta unha historia triste. Con moi poucas viñetas e sen palabras, xira arredor da idea da cadeliña do mesmo nome enviada ao espacio. Jano tamén presentou a concurso unha segunda historia titulada “Autopsia”. O segundo premio da categorÃa de maiores, dotado con 900€, foi para Alberto RodrÃguez Guitián. O deseñador lugués acadouno coa historia “Microorganismo feo”. Andrea Caride Alonso (guionista) e Gregory Blot (debuxante de orixe francesa afincado en Galicia) compartiron o terceiro premio por “Tolis e Mangallón”, en canto que Manel Cráneo se fixo co cuarto premio por “Un branco moi negro”. Na categorÃa B, entre 19 e 22 anos, o gañador foi Jaime Eizaguirre Santillán, por “FerreterÃa e desparafusador”. O segundo premio da modalidade para autores máis novos recaiu en Alberto Vázquez gracias á súa historia “O seu gozo nun pozo”. Miguel Porto e Diego Blanco levaron respectivamente o terceiro e cuarto premio, ao tempo que a categorÃa C ficou deserta. A ConsellerÃa de Familia fixo público onte o fallo da cuarta edición desta convocatória de cómic galego que reparte cinco mil euros e continúa a tradición dos antigos premios “Certame Ourense de BD” e “Concurso Galego de BD” (Xunta de Galicia 1990-99). O “Premio Ourense” é iniciativa da Casa da Xuventude de Ourense.
Coñece anteriores traballos de Jano no noso soportal BD | Banda Deseñada
Coñece anteriores traballos de Jano no noso soportal BD | Banda Deseñada