A loitar contra o declive no uso do galego, diferentes centros de ensino por todo o país desenvolven voluntariosos proxectos de normalización. A se achegar ás persoas e equipos que os protagonizan, o proxecto Aquí medra a lingua do Consello da Cultura Galega retratou os diversos xeitos nos que se desenvolve este traballo, e este 13 de xuño presenta un documental a compilar os testemuños da iniciativa. Analizamos as características comúns a estes casos e os problemas aos que se enfrontan.
O proxecto xurdiu dunha preocupación xeral. Segundo explica Carmen García Mateo, coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello, para este departamento "como para toda a cidadanía algo concienciada, o uso cada vez menor do galego, e en particular na rapazada, é unha preocupación central". Deste xeito, "a procurar accións neste campo creouse unha comisión técnica que desenvolveu propostas como a xornada e o informe que se presentaron polo aniversario do Decreto para o plurilingüismo no ensino". Canda a isto "quíxose desenvolver algunha acción en positivo, coa intención de achegar a idea de que hai esperanza e que se están a facer cousas. Optouse por visibilizar o traballo dos centros educativos, entendidos como a comunidade de docentes de alumnado e a súa contorna". E así xurdiu Aquí medra a lingua.
Vídeos de Aquí medra a lingua
A selección de casos
No proxecto as propias persoas que protagonizan os casos de estudo contan as súas experiencias en pezas audiovisuais realizadas por Cristina de la Torre. O IES de Burela, o CPI Virxe da Saleta, o IES Félix Muriel de Rianxo, o CEIP Barouta de Ames, o CRA Nosa Señora de Ponteceso, o CEIP Quintela de Moaña son as seis propostas que protagonizan esta iniciativa. O proceso de selección destes seis proxectos non foi sinxelo e tivo en conta diferentes condicionantes, segundo lembra Carmen García. "A contar con xente con coñecementos na área como Mercedes Queixas, Nel Vidal, Manuel Bragado, Bieito Silva ou Henrique Monteagudo, falamos de realizar unha selección piloto de centros con ese límite de seis. Na mesma tentamos acompasar o peso do Eixo Atlántico co interior de Galicia, combinar o rural con zonas periurbanas, e que recollese experiencias desde infantil ata ESO. Non entramos no urbano porque nestas áreas situación do galego no ensino non é nada boiante. Hai moitos máis centros no país con iniciativas interesantes, existen moitos nomes entre os que escoller, pero penso que a selección está moi ben feita". No proxecto "vense casos moi variados, que se presentan de xeito espontáneo e claro e dan a foto fixa dunha situación que é complicada". A coordinadora defende que os exemplos escolleitos "son representativos do que se está a facer. Ao tempo, trátase de proxectos singulares que nalgúns casos levan anos a traballar no tema".
Pezas audiovisuais
O audiovisual aparece como o eixe fundamental desta iniciativa, que foi publicando na rede unha peza breve sobre cada centro seleccionado. "A primeira fase foi realizar as pezas audiovisuais que se lle encargaron a Cristina de la Torre, que non tivo pauta ningunha para o seu traballo alén de que os centros amosasen as súas actividades e a súa realidade. Queriamos audiovisuais curtos, duns dez minutos para cada centro". Para a coordinadora da sección "a proposta resultou un acerto total. A directora estivo en cada centro un tempo, tentou que a dirección non actuase como mediadora e conseguir espontaneidade das persoas que participan. As pezas están aí, e penso que son unha creación preciosa". Estes vídeos acompáñanse dunha ficha sobre os trazos fundamentais de cada proxecto, a atender ás súas fortalezas, ao xeito de traballo, ás principais actividades que se desenvolven e tamén ás cuestións que se poderían mellorar, achegando unha breve radiografía do mesmo e a complementar as testemuñas presentes nas producións audiovisuais.
Diferentes situacións
Os vídeos, tal e como pretendía a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación, amosan a variedade de situacións que enfronta a nosa lingua nos diferentes contextos do espazos educativos. "Vese a situación da lingua nos contornos periurbanos, como o de Santiago ou Moaña, onde se aprecia unha desgaleguización. Dino os nenos pequenos ou o profesorado entrevistado, que o alumnado chega a falar en castelán", explica García Mateo. Así, "nestes centros é un éxito que alguén do alumnado se dirixa ao profesorado en galego ao final do ciclo de Primaria. Non é o mesmo que un contorno como Ponteceso, onde o que se pretende é que non perdan o galego que xa traen da casa", unha situación compartida por centros como CPI Virxe da Saleta de Cea. Deste xeito, os casos presentan "unha boa panorámica sobre este tipo de proxectos que perduran no tempo, son flexibles e se adaptan á súa contorna", unhas propostas "que non teñen por que ter os mesmos obxectivos, nin instrumentos ou fitos semellantes".
A continuidade
Encol dos diferentes programas que desenvolven os centros retratados neste proxecto, García Mateo considera que "todo eles están a facer algo moi salientable e positivo para a lingua. Teñen os seus proxectos moi pensados e planificados, non son cousas que saian de xeito espontáneo", explica a coordinadora. Deste xeito, salienta como un risco común a aposta por iniciativas que se desenvolven en prazos longos e non fican restrinxidas a un único curso. "Existe unha continuidade e un plan que se executa dun ano para outro. Iso nótase por exemplo no vídeo do CPI Virxe da Saleta de Cea, no que os primeiros protagonistas son antigos alumnos que voltan ao centro de falan dos seus percursos, e véselles tamén de cativos a cantar nun vídeo sobre a lingua". En xeral, para a coordinadora "estes proxectos precisan percorrido e os resultados obtéñense pasado un tempo. Logo eu penso tamén que cómpre contar con indicadores que midan a evolución e permitan tomar decisións pasado un tempo".
Medios de comunicación
Un dos elementos comúns de moitos destes proxectos é a aposta por medios de comunicación escolares no marco destes proxectos de normalización. Radios, revistas ou mesmo canles de televisión son propostas habituais. "Os centros coinciden en que a lingua ten que ser transversal a todas ou a grande parte das actividades que desenvolven. E aí ten moita importancia a comunicación oral ou a non verbal, e o audiovisual aparece como unha ferramenta moi potente". Estas actividades facilitan en grande medida a expresión oral na nosa lingua e contribúen a que o alumnado se sinta cómodo nela. Ademais, favorecen a implicación."No CEIP Quintela, de Moaña, falaban que é importante facer proxectos que o alumnado vexa con emoción e non só como unha obrigación. Non é o mesmo facer unha redacción que gravar un baile ou algo similar".
A integración con outros axentes
Outra coincidencia que se repite en moitos dos centros é a consciencia de que o centro de ensino ten que ser un axente de normalización en conexión coa contorna máis inmediata, e incorporar outros axentes externos ás súas actividades neste campo. "O centro de ensino non é unha illa formada por profesorado e alumnado. É toda unha comunidade que debe amosarse activa. Arredor hai moitos axentes que teñen como obxectivo fomentar a lingua e é fundamental a coordinación e a colaboración", apunta Carmen García. "Aí os centros de ensino poden ser o motor no que conflúan estas iniciativas. No vídeos sobre o CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso vese claramente. Aí aparecen persoas da veciñanza, familias ou mesmo unha institución como a Fundación Eduardo Pondal. En cada centro aparecen tamén antigos alumnos que participan en actividades. Está claro que ese é un dos temas fundamentais, un proxecto deste tipo non pode ser só o bibliotecario ou o persoal de dirección". A implicación ademais pode chegar a facer do centro un foco que favoreza a normalización da lingua na súa contorna. As pezas audiovisuais recollen casos de profesorado castelanfalante que acabaron por mudar para o galego logo de chegar a un destes centros, pero a potencial influencia destes proxectos pode ir alén das paredes da escola.
Emocionar e integrar
Repítese tamén en diferentes vídeos declaracións que inciden na necesidade de xerar ou manter un vencello emocional coa lingua ou mesmo un orgullo por empregar o galego. "Isto é fundamental, se non existe esa sensación de pertenza pode deixar de se lle ver sentido a falala". A perspectiva emocional vencéllase tamén a aposta por integrar outras linguas no proxecto de centro e en que estas actividades conten tamén co alumnado foráneo ou castelanfalante.
Atención ao ocio
Unha preocupación que aparece repetida en varios testemuños é o interese por desenvolver ou compilar recursos de ocio para as diferentes idades do alumnado.
"Penso que é un sentir maioritario que existen abondosos recursos bibliográficos para todas as idades, e libros estupendos para as idades máis temperás. Pero a rapazada e a cidadanía consumen tamén outro tipo de recursos culturais e ferramentas para o lecer que en moitos casos teñen un compoñente oral. E se non atopan recursos audiovisuais ou videoxogos en galego van consumilos en castelán e inglés. Isto é algo que reivindican moitos profesores", subliña Carmen García.
A xestión do voluntariado
Canda a riscos comúns, algunhas das declaracións e datos recollidos poñen tamén de relevo as dificultades e problemas aos que se enfrontan estas propostas. Un deles é a grande dependencia do traballo voluntario por parte do profesorado e do alumnado de cada centro. "A nivel particular eu considero necesario o voluntariado, non todo pode depender dos cartos. Pero hai cousas que non se fan se non hai unha obriga", advirte García Mateo. No caso do alumnado, existen centros que desenvolven fórmulas específicas para facilitar a participación nos proxectos de lingua. Desde dar puntos para as notas finais das diferentes materias por facer parte das actividades, ao xeito do IES Félix Muriel de Rianxo, ata integrar estas no marco das aulas habituais, de xeito que a participación devén obrigatoria, como acontece no CEIP Quintela de Moaña. "Nese sentido paréceme necesario un equilibrio entre reforzos positivos, premios nas notas e recoñecementos públicos ao alumnado que participa cunha parte de voluntariado e de facer cousas polos demais. O voluntariado ten un duplo fío porque non perdura cando se cansan as persoas que levan ese peso. Entón é necesario un plan que se manteña no tempo con forza, e iso esixe recursos dedicados".
Falta de recursos
En relación a esta problemática, nos vídeos que publicou o Consello aparece en diferentes momentos a reclamación de que cómpren máis recursos para desenvolver este tipo de tarefas. Representantes de varias destas experiencias explican como recorren a se presentar a premios para conseguir un apoio extra que lles permita desenvolver o seu proxecto ante a escaseza de recursos públicos neste sentido. A posibilidade de que o profesorado implicado conte con horas específicas da súa xornada para lle dedicar a estas tarefas tamén se presenta como unha posibilidade que habería facilitar o nacemento de novas iniciativas de normalización nas aulas e un maior desenvolvemento das que existen. "Aínda que o voluntariado é necesario, estamos a falar de algo que precisa un investimento público, un apoio que pode servir como catalizador para desencadear estes procesos", salienta a coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura.
Documental e debate
Este 13 de xuño preséntase no Consello da Cultura o documental que reúne contidos das pezas xa publicadas canda a material inédito. De novo a cargo de Cristina de la Torre, o novo contido dáse a coñecer nun encontro de debate que contará coa participación de Rosario Álvarez (presidenta do Consello da Cultura Galega); Carmen García Mateo (coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG); Cristina de la Torre (realizadora audiovisual), Pilar Ponte (profesora e experta en dinamización lingüística): Esther Estévez (xornalista), Sara Varela (profesora do CRA Nosa Señora do Faro, Ponteceso), Sonia Lamas (ANPA do CEIP Barouta, Ames), Belén Escariz (directora do CEIP Quintela, Moaña); Alejandro Fernández (ex-alumno do CPI Virxe da Saleta, Cea); Miruca Parga (profesora do IES Perdouro, Burela) e Sofía Rama (profesora do IES Félix Muriel, Rianxo). O encontro achegará novas perspectivas sobre a situación destes proxectos e as posibilidades do seu desenvolvemento.