
O campo de fútbol Ara Solis será de novo o escenario principal do cartel deste FiBE 22. Alà actuarán, o venres pola noite, Guadi Galego, JP Bimeni & The Black Belts e Adrián Costa Blues Band. O sábado será a quenda de Ilegales, Al Dual e De Vacas. As viaxes en barco, en colaboración con Cruceros Fisterra, estarán nesta nova edición acompañadas das actuacións da Fisterra House Band feat. Degüello, o sábado pola tarde, e de Tato & Espiño o domingo pola mañá. Desde a impresionante terraza do Semáforo de Fisterra, outro dos colaboradores locais, celebrarase o fin de festa coa tradicional jam session, que reúne artistas deste FiBE 22, co Atlántico como pano de fondo. Incrementar a dimensión do talento local, do turismo, do emprego e do tecido produtivo de Fisterra e a súa contorna son obxectivos deste proxecto. A interacción entre cultura, natureza e turismo para promover, de xeito sustentable, a proxección internacional da Costa da Morte.