A décima edición de Sete Falares, o encontro de narración oral de Pontevedra, transcorrerá entre o 4 e o 11 de xuño coa igrexa do convento Santa Clara como sede principal. O programa que organiza o Concello en colaboración coa compañÃa PavÃs Pavos contará con Fernando Guerreiro, Mohamed Hammú, Alberto Sebastián, Paula Carballeira, Lorena Pinheiro, Vero Rilo, Ana Carreira e MarÃa de Pontragha a cargo das sesións de narración.
Ademais de actuacións individuais de contacontos con cada profesional, a proposta inclúe tamén a Rota de Historias, que levará o dez de xuño a catro grupos de sesenta persoas por diferentes lugares emblemáticos da cidade mentres escoita diferentes historias. Agás esta última, que precisa de reserva previa, todas as actuacións son de entrada libre.