Un informe bianual presentará a situación das linguas do Estado

A través dun acordo entre o CCG, o Institut Ramón Llull, o Etxepare Euskal Institutua e o Cervantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Encontro dos representantes. Foto: CCG

Encontro dos representantes. Foto: CCG

Representantes do Consello da Cultura Galega, o Institut Ramón Llull, o Etxepare Euskal Institutua e o Instituto Cervantes acordaron propoñer a realizacion dun informe bianual sobre a situación das respectivas linguas, así como unha mostra multidisciplinar e itinerante que faga visible o máis actual da creación cultural galega, vasca e catalá. Así o decidiron este mércores nunha xuntanza celebrada no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. No caso do informe, permitiría contar con indicadores comúns que permitisen realizar comparacións máis efectivas, así como un documento de conclusións con sentido propositivo, orientados a accións concretas. A mostra de creación incluiría diferentes disciplinas como a musica, o audiovisual e a danza. Os representantes, recibidos por Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, acordaron tamén articular un procedemento para facilitar a tradución literaria contemporánea entre as linguas.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ramón Llull, Rosario Álvarez, Danza...