Unha placa e un manifesto lembran os 70 anos do recoñecemento de Galicia como nación

Unha nación recoñecida

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
O 18 de setembro de 1933, nos primeiros pasos da República, Galicia acadou ante 14 países o recoñecemento internacional de nación. Agora, setenta anos despois, un grupo de intelectuais convocados polo Concello de Vigo e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) celebrarán a data. Por iso, para o xoves hai convocado un acto cívico en Vigo no que se colocará unha placa de lembranza de Plácido Castro. Ademais, o Igadi puxo en rede un manifesto “Galicia, un país no mundo” que lembra a importancia desa declaración e reivindica a necesidade de manter un galeguismo universalista e a proxección cara ao exterior para poder modernizar o país.

Máis información no web do IGADI

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Plácido Castro, República, Concello de Vigo

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares