Quiosco: Tempo exterior número 41

O IGADI publica un monográfico dedicado á Xeración Nós e a proxección internacional de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Portada do número.

Portada do número.

A revista Tempo exterior, editada polo Instituto Galego de análise e documentación internacional (IGADI) publicou o seu número 41, desta volta dedicado á Xeración Nós á proxección internacional da Galiza. Na monografía, Argimiro Rojo estuda a idea de nación da xeración Nós e o novo paradigma das relacións internacionais, Xusto Beramendi analiza as relacións exteriores do primeiro nacionalismo galego, Xosé Estévez detense no Galeuzca ata finais da Guerra Civil, Mario Regueira estuda o vínculo atlántico-céltico de Nós e Rubén Lois explora o uso da cartografía por parte desta xeración. Os artigos son accesibles de xeito gratuíto no web do IGADI.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeración Nós, Mario Regueira, Xosé Estévez, Guerra Civil...