Quiosco: Raigame nº48

A revista ourensá dedica un monográfico a Florencio Delgado Gurriarán

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Cuberta do número 48 de Raigame

Cuberta do número 48 de Raigame

A emblemática revista Raigame, que edita o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense, acaba de publicar o seu número 48, dedicado de xeito monográfico á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Entre os artigos que se poden consultar, Emilio Vega e Delfín Caseiro repasan a obra e a visión política do autor en senllos artigos, Antón Dobao achégase ao microuniverso de Córgomo, a aldea natal do poeta, Julio Pérez Vega estuda o avangardismo e tradición en Bebedeira ou Ricardo Gurriarán, familiar do autor, estuda a vida de Florencio Delgado en México e a revista Vieiros.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Florencio Delgado Gurriarán, Antón Dobao, Ricardo Gurriarán, Xaquín Lorenzo...