As principais cidades de Galicia acollerán as Xornadas de Ensino da CIG e AS-PG

Días para a formación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O seu cometido é ofrecer "unha proposta de formación diferente da institucional que atenda á renovación metodolóxica e á didáctica". Con este obxectivo a Conferencia Intersindical Galega (GIC) e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) organizan as Xornadas de Ensino, que este ano chegan á súa XXV edición.

Cometido das xornadas

Ata o momento cada ano uns 2.000 profesionais de ensino non universitario, segundo datos da CIG, goza cada ano das Xornadas de Ensino de Verán que anualmente organiza este comité. Este ano a programación aséntase en dous piares basicos: a renovación metodolóxica e didáctica e a galeguización do ensino. Desde este segundo punto o que se pretende é que se enfoque o ensino desde a realidade galega.



Críticas ó plan de formación da Xunta

Ademais, a CIG aproveitou a presentación da XXV das súas xornadas para criticar a inexistencia de "planes plurianuais de formación". Uns proxectos que deberían de pretender a renovación científica, o debate e o intercambio de experiencias novidosas. Un feito que, segundo o secretario xeral da sección de ensino da Confederación Intersindical Galega, Anxo Louzao, é o "tema pendente" da Administración.



Programa itinerante

As xornadas do ensino teñen un carácter itinerante. Desenvolveranse nos locales da CIG comezando na Coruña (do 13 ó 19) seguindo por Pontevedra e Vigo (do 17 ó 21), Burela (do 17 ó 20), e rematando en Ourense, Ferrol, Santiago e Lugo (del 24 al 28). As clases, que teñen un doble carácter: por unha banda teórico de especialista e por outra banda, un carácter lúdico.


Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, CIG, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Burela...