Entre os vindeiros 16 e 22 de maio o dúo Caamaño&Ameixeiras abrirá no Pazo de Mariñán as primeiras residencias artísticas que organizou a Deputación da Coruña neste espazo. O xurado desta convocatoria seleccionou o pasado 5 de maio os catro proxectos musicais que se recluirán neste espazo monumental para desenvolver novas propostas creativas.
Berto continuará a quenda de residencias cunha estadía entre 23 e o 29 de maio. Xa para o outono, Mario G. Cortizo desenvolverá a súa estadía entre o 7 e 13 de novembro, e Xacobe Martínez Cuarteto Federal entre o 21 e 27 de novembro.
Segundo lembra a Área de Cultura da Deputación, todas as propostas participantes contarán con "dotación material necesaria para o desenvolvemento do proxecto, a manutención e aloxamento no Pazo de Mariñán para as persoas participantes; así como un acompañamento e seguimento do proxecto por parte da comisaria das residencias".
A iniciativa ten como obxectivo "facilitar a viabilidade de cada unha das propostas e a súa inserción no contexto musical profesional, para o que se facilitará formación específica para a profesionalización e a distribución do proxecto e xuntanzas con axentes culturais e programadores".
O comité de selección estivo composto por Patricia Hermida, Marta Gómez, Marc Lluis Lloret, o deputado de Cultura, Xurxo Couto, en calidade de presidente, e a xefa de sección de Cultura e Deportes, Manuela Muñiz, en calidade de secretaria. Na xuntanza tamén estivo presente a comisaria das Residencias Artísticas Mariñán de Música, Aitana Cuétara.